C. Modelos de formación
A participación en actividades formativas poderá realizarse atendendo a modelos colectivos e individuais, promovidos polos propios interesados ou convocados pola administración educativa ou outras entidades:
Colectivas convocadas pola administración (Plan Anual de Formación do Profesorado)
a. GRUPOS DE TRABALLO
"Modalidade formativa baseada no traballo colabora¬tivo que ten por obxecto a elaboración ou o análise de proxectos e materiais curriculares, así como a experimentación dos mesmos centrada nas diversas situacións educativas."
- Incluirá a experimentación dos aspectos tratados, debendo recoller a memoria final ambas as dúas facetas do traballo.
- Docencia ata un máximo do 20% das horas totais.
- Constituído por 3 docentes como mínimo e 10 como máximo.
- A sede do grupo de traballo será o centro educativo do coordinador, pero os integrantes poden ser de distintos centros.
- Mínimo de 20 horas e un máximo de 50.
- Preinscrición a través da aplicación informática Fprofe (https://www.eud.xunta.es/fprofe) ata o 10 de outubro.
- Unha vez feita a preinscrición porase en contacto un asesor do CFR/CAFI correspondente.
- Existe modalidade Xeral e Abalar.
Temáticas:
Modalidade xeral:
- Desenvolvemento de competencias básicas.
- Uso das TIC como recurso educativo.
- Mellora da convivencia escolar.
- Tratamento instrumental e integrado das linguas.
- Atención á diversidade e ao éxito escolar.
- Traballo cooperativo en rede.
- Desenvolvemento das competencias profesionais docentes.
Modalidade Abalar:
- Organización e liñas de actuación para a integración das TIC nas aulas (implicacións do profesorado, do alumnado, do resto de persoal do cen-tro, emprego de recursos, disposición espacial das aulas, protocolos, etc)
- Emprego da metodoloxía de proxectos utilizando as TIC
- Encerado Dixital Interactivo (EDI): coñecemento e uso das funcionalida-des do EDI e elaboración de recursos didácticos para o emprego na aula.
- Incorporación de boas prácticas educativas que usen as TIC como expe-riencias de aula.
- Elaboración de actividades facendo uso do software que se inclúe no equipamento Abalar.
- Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da Web 2.0.
- Emprego de ferramentas colaborativas, tanto de aplicación directa na aula como para compartir materiais e experiencias entre o profesorado e alumnado do mesmo ou outros centros.
- Emprego de contidos dixitais educativos do Espazo Abalar e outros repo-sitorios, e creación de novos contidos educativos dixitais mediante o uso de ferramentas de autor.
- Clasificación de recursos de interese para a docencia.
- Emprego didáctico das webs dinámicas dos centros (aulas virtuais, portal do centro).
- Elaboración de "Aventuras na Web".
- Establecemento de estratexias para dinamizar as TIC no centro.
b. SEMINARIOS
"Modalidade de formación baseada no traballo colaborativo que a partir da reflexión conxunta, o debate interno e o intercambio de experiencias permite afondar no estado de cuestións educativas tanto referentes ás distintas ciencias disciplinares como ás didácticas das mesmas ou a outras ciencias da educación."- O proxecto do seminario elaborarase conxuntamente polo grupo de parti¬cipantes.
- Deberán axustarse as temática propostas no Plan de Formación Permanente.
- Poderán contar cun número de horas de docencia que non poderá exceder o 30% das horas totais do proxecto. Esta docencia será programada e coordinada pola persoa asesora de formación correspondente.
- Os dous terzos do total de membros do seminario, así como a persoa coordinadora, deberán pertencer ao ámbito do CAFI/CFR no que se presente a solicitude.
- Mínimo de 8 membros e máximo de 20.
- Exclúe da participación noutros seminarios ou grupos de traballo.
- A sede será o centro do coordinador.
- Duración mínima de 20 horas e máxima de 50.
Temáticas:
- Traballo por competencias.
- Ferramentas TIC na educación.
- Convivencia nos centros.
- Tratamento educativo das linguas.
- Atención á diversidade.
- Competencias profesionais docentes.
c. PROXECTOS DE FORMACIÓN
"Modalidade dirixida a propiciar e facilitar a innovación e a mellora da práctica docente nas aulas Abalar, no propio centro educativo, co obxectivo de dar resposta ás necesidades de formación do profesorado para o desenvolvemento do proxecto Abalar."
Temáticas:
- Organización e liñas de actuación para a integración das TIC nas aulas (implicacións do profesorado, do alumnado, do resto de persoal do centro, emprego de recursos, disposición espacial das aulas, protocolos, etcétera)
- Emprego da metodoloxía de proxectos
- Encerado Dixital Interactivo (EDI): uso e elaboración de recursos didácticos para o emprego na aula.
- Incorporación de boas prácticas educativas que usen as TIC como experiencias de aula.
- Elaboración de actividades facendo uso do software que se inclúe no equipamento Abalar.
- Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da Web 2.0.
- Emprego de ferramentas colaborativas, tanto de aplicación directa na aula como para compartir materiais e experiencias co resto dos compañeiros.
- Emprego de contidos dixitais educativos do Espazo Abalar e outros repositorios, e creación de novos contidos educativos dixitais mediante o uso de ferramentas de autor.
- Clasificación de recursos de interese para a docencia.
- Emprego didáctico das webs dinámicas dos centros (aulas virtuais, portal do centro).
- Elaboración de "Aventuras na Web".
- Establecemento de estratexias para dinamizar as TIC no centro.
Individuais convocadas pola administración (Plan Anual de Formación do Profesorado) ou por outras entidades.
d. CURSOS
Actividade formativa de carácter presencial ou telemática sobre unha temática concreta, con participación individual.
Os participantes recibirán, por parte do relator ou relatores que imparten o curso información, sobre distintos aspectos da temática escollida.
Normalmente o número de horas das que consta o curso distribúese en distintas xornadas.
e. XORNADAS, ENCONTROS e CONGRESOS
Actividade formativa que convoca a profesionais vinculados a un determinado ámbito (por exemplo: "Bibliotecas Escolares").
Conferencias, ponencias, charlas, experiencias... distribúense durante dous ou tres días.
As temáticas poden ser variadas, sempre relacionadas co ámbito da convocatoria.