Xustificar Faltas - espazoFamilias
No apartado “Xustificar faltas”, ofrécese a posibilidade de xustificar as faltas de asistencia do seu fillo/a e adxuntar os arquivos explicativos necesarios, que posteriormente serán enviados ao titor/a do mesmo/a e/ou ao profesor/a da materia. Este método de xustificación de faltas só será válido se o titor/a e/ou o profesor/a de cada materia están subscritos a esta funcionalidade.
- En primeiro lugar, escolla a avaliación na que se produciu a falta de asistencia
- Escollida a avaliación, seleccione a falta que desexa xustificar no listado no que se amosan todas as faltas de asistencia ordenadas cronoloxicamente, e clasificadas pola materia e a sesión na que se produciu a falta
- A continuación, escriba o motivo polo que se produciu a falta de asistencia e, no seu caso, adxunte o arquivo xustificativo que será enviado ao titor/a ou profesor/a
- Finalmente, para que se produza a xustificación, pulse “Xustificar faltas”, e desta maneira informarse ao titor/a ou profesor/a por medio dun correo electrónico