Suscripción dos responsables do alumnado

Dentro do Espazo Abalar, os responsables do alumnado poden elixir se queren recibir notificacións vía telemática (correo electrónico) no momento en que, tanto as cualificacións como o rexistro de ausencias do alumnado ao seu cargo, estean á súa disposición no Espazo Abalar.
Estas subscricións quedarán reflectidas nas casiñas de verificación que se aprecian na imaxe seguinte:

 

recibe información telemática xade - espazoAbalar

 

Cando estas casiñas de verificación estean activadas indicarán que o responsable solicitou ser notificado da dispoñibilidade de información do seu interese no Espazo Abalar.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License