Subscricións - espazoFamilias
En “Subscricións” ofrécese a posibilidade de manterse informado das últimas novidades académicas do seu fillo/a. Trátase de notificacións en forma de correo electrónico, diarias ou semanais. É preciso solicitar a subscrición para cada fillo/a.
- Para darse de alta nas subscricións é necesario introducir o contacto do correo electrónico
- Tamén ten que seleccionar o idioma (galego ou castelán) no que se desexa recibir as notificacións
- Permítelle seleccionar as notificacións ás que desexa estar subscrito: notas, faltas de asistencia, recibo de comedor e outras publicacións como incidencias individuais do seu fillo/a ou avisos que o profesor/a realice ao seu grupo de alumnos/as
- Escolla as opcións desexadas e finalmente prema o botón Gardar para que se activen as notificacións
Cando o desexe, poderá darse de baixa destas subscricións ou modificalas, simplemente ten que modificar os campos rexistrados e premer na opción Gardar.