Publicación das cualificacións
Na ruta Utilidades > Xestión > Publicación de notas atoparemos unha nova pantalla coa que poderemos decidir en que momento queremos que as cualificacións de cada un dos cursos do noso centro serán accesibles para os responsables do alumnado a través do Espazo Abalar.
Podemos decidir traspasar ao Espazo Abalar as cualificacións dun grupo e avaliación determinados ou podemos aproveitar a funcionalidade da pantalla que nos permite publicar dunha soa vez as cualificacións dunha mesma avaliación para todos os grupos do centro.