Pago telemático - espazoFamilias

No apartado de “Servizos complementarios” poderá realizar o pago telemático* da taxa polo uso do servizo de comedor seleccionando en “CiXTEC”, de maneira que non será preciso desprazarse nin á entidade bancaria nin ao centro. Os pasos a realizar son os seguintes:

  1. Unha vez seleccionado o apartado de pago telemático “CiXTEC” amosarásenos unha pantalla coa declaración de tributos da Consellería de Facenda, e tras seleccionar no botón Aceptar, poderemos comezar a cumprimentar os datos necesarios para realizar o pago telemático:
    1. A forma de ingreso: que pode ser con cargo en conta ou pago con tarxeta
    2. A Entidade: seleccionamos o nome do banco
    3. A Sucursal, DC, Conta, no caso de realizar un cargo en conta ou o Nº de tarxeta e a data, no caso de realizar o pago coa tarxeta
    4. Cubertos todos os campos pulsamos en Validar.
  2. A continuación, veremos o importe a ingresar e se a entidade nos cobra algunha comisión, para continuar o proceso, será necesario pulsar en Continuar onde visualizaremos o resumo de toda a operación, unha vez validados os datos, prememos en Ingresar.
    Na seguinte pantalla, seleccionamos o certificado e prememos en Asinar.
  3. Finalmente, remataremos co proceso premendo no enlace suxerido. Deste xeito poderemos imprimir o xustificante do ingreso e o centro educativo recibirá  comunicación inmediata de que a taxa foi pagada

* O pago telemático deberá realizalo a persoa que está rexistrada como responsable do alumno no servizo de comedor. Ademáis, polo momento tan só será posible executalo utilizando o navegador Internet Explorer

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License