O Portal Espazo Abalar

Portada EspazoAbalar

O portal do Proxecto Abalar conta con unha gran variedade de contidos que están dispoñibles para toda a comunidade educativa, polo que calqueira usuario poderá acceder e consultar a información e funcionalidades que aí se recollen. Ao longo desta guía, amosaremos as diferentes funcionalidades e servizos do portal.

O espazoAbalar permite::
  • Modificar o idioma do portal
  • Realizar consultas e suxerencias
  • Acceder á información e aos servizos orientados aos diferentes usuarios: espazo Familias, Profesorado e Centros
  • Seguir o proxecto nas redes sociais: Facebook, Twitter...
  • Ler as últimas noticias relacionadas co proxecto
  • Consultar os diferentesblogues
  • Visualizar os recursos máis destacados: vídeos, audios, etc
  • Consultar toda a información relevante do Proxecto Abalar
  • Acceder ao Repositorio de contidos educativos dixitais
  • Vistualizar os vídeos de Abalar en Youtube
  • compartir experiencias TIC na aula con outros usuarios

Como está organizado?

Na parte superior da páxina principal do portal podemos accederás diferentes funcionalidades:

  •  Dende o apartado "Atendémolo" poderá enviar a súa pregunta ou comentario sobre o propio portal
  • Permite acceder e modificar o idioma do portal. Pode elixir aopción de galego ou castelán.
cabeceira espazoAbalar

A través da caixa "Contidos Orientados" accedese a cada un dos tres apartados: alumnado e familias, centros e profesorado, e prensa, segundo a información que queira consultar.

Estes apartados son públicos, é dicir, calquera usuario poderá acceder a eles e consultar o seu contido.

Na parte dereita atópase o apartado "Acceso aos servizos" que é o punto de acceso aos servizos e funcionalidades destinadas a familias, profesorado e centros.

Para acceder a este espazo é preciso autenticarse, xa que accederá ao perfil corresopndente onde se poderán consultar datos e información do propio usuario.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License