O pé do portal
Na parte final da páxina principal do portal atopámonos con catro acceso a diferentes funcionalidades e información.
Toda a información dispoñible sobre o Proxecto Abalar amosarase clicando nesta sección. Para isto abrirase unha nova pestana onde se detallará todo o relacionado co proxecto (preguntas frecuentes, guías de axuda sobre o funcionamento dos servizos, estatísticas...). |
|
No respositorio Abalar habilítanse recursos educativos para o uso por parte da comunidade educativa. | |
O apartado Abalar en Youtube traslada vídeos eimaxes que están colgados na rede de vídeos. |
|
O apartado Experiencias Aulas 2.0, preséntase como un espazo onde a comunidade educativa pode compartir todo tipo de experiencias sobre a introdución no uso das TIC nas aulas. |