Datos Familiares - espazoFamilias

O apartado “Datos familiares” permítelle consultar os datos de contacto e, ao responsable autenticado, modificar os seus datos persoais recollidos no espazoAbalar.

 

datos familiares

 

 

  • Nesta área pode consultar os datos do alumno/a rexistrados pola Consellería
  • Permite coñecer os datos de contacto do alumno/a
  • Amosa os nomes dos responsables do alumno/a
  • Esta sección está destinada a consultar e modificar os datos de contacto do responsable autenticado. Introduza o enderezo, seleccione a opción desexada no despregable de país, provincia, concello e localidade e escriba o código postal e o teléfono de contacto. Unha vez cubertos os datos prema o botón Gardar. Esta sección só estará dispoñible se o domicilio do responsable é distinto do domicilio familiar do alumno/a
  • A modificación dos datos familiares non se procesa de forma inmediata, será preciso esperar á actualización dos mesmos (prazo máximo 24 h).

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License