Citas e titoría - espazoFamilias
A opción “Citas de titoría” permítelle concertar titorías co titor/a do seu fillo/a, sempre que o titor/a teña habilitada esta funcionalidade. Tamén poderá anular as citas xa confirmadas polo titor/a, xustificando ou non a cancelación. Unha vez confirmada ou anulada a titoría, recibirá un correo electrónico (ao igual que o titor/a do seu fillo/a).
- Para solicitar unha titoría pulse a opción Citas de titoría
- Amosa o nome do titor/a responsable do alumno/a
- Neste apartado detállase a data da titoría, o estado no que se atopa (confirmada, pendente ou anulada), e preséntase a opción de Anular a cita
- Pode cancelar a cita premendo na opción Anular
- Para formalizar a cita ten que premer na opción Crear cita
- Amosa o horario de titorías establecido para concertar a cita
- Escolla a data na que desexa concertar a cita no calendario (despregable). A solicitude de titorías terá que realizala nun prazo mínimo de 3 días e máximo de 10.
- Escolla a hora desexada para a cita
- Escriba as observacións necesarias, como as razóns ou obxectivos da titoría (obrigatorio)
- Finalmente, pulse a opción Gardar para formalizar a titoría, ou Cancelar para que non se procese a solicitude