Verdadeiro-falso
Verdadeiro/Falso. Este tipo de pregunta ten só dúas opcións de resposta mutuamente excluíntes. A resposta correcta é cualificada automaticamente co 100% da cualificación. Ambas opcións poden ter unha retroalimentación ou texto de reforzo.
Seleccionado o tipo de pregunta accedemos á súa configuración:
Completamos o campo Nome da pregunta e escribimos o "Texto da pregunta"
Insistimos en que o nome da pregunta non é visible para os estudantes. Só os/as profesores/as teñen acceso ás preguntas, o nome serviranos para identificar o seu contido e clasificalas dentro do banco.
Completamos os campos seguintes:
- Imaxe
para mostrar: se queremos ilustrar a pregunta cunha
imaxe.
- Cualificación
da pregunta predefinida: 1, por
exemplo.
- Resposta
correcta: resposta que corresponde a esta pregunta, pode
ser verdadeira ou falsa.
- Avaliación
(Verdadeiro): escribimos a retroalimentación que
corresponda, por exemplo, «Perfecto»
- Avaliación
(Falso): escribimos «Inténtao
de novo!!»
Unha vez que gardemos as modificacións, esta cuestión aparecerá automaticamente no banco de preguntas. Dende aquí podemos previsualizala, editala de novo ou eliminala premendo na acción adecuada.