Uso
Proceso de utilización dun taller:
1.- Creación da actividade.
2.- Fase de envío dos traballos. Documento radactado dentro de moodle e/ou envío de arquivos.
3.- Avaliación entre alumnos, segundo a configuración do taller, pode ter unha fase previa de avaliacións de exemplo.
4.- Valoración das avaliacións, o profesor cualifica as avaliacións dos alumnos.
5.- Fase de publicación, as cualificacións incorpóranse ao rexistro do alumnado.
Informe da actividade.
Nesta xanela aparece recollida a información sobre a actividade: envíos , avaliacións e cualificacións, etc
Formulario de avaliacion tipo, amosa os criterios de avaliación definidos para o taller. Para modificar os criterios prema na icona de edición ( sinalada na imaxe ) .
Formulario para o envío das tarefas.
Traballos asignados a un alumno para a avaliación.
No exemplo o taller permite a autoavaliación.
Ao premer no texto "Avaliar" amósase o Formulario para avaliar os traballos asignados.
Nesta xanela o alumnado verá os criterios que propón o profesor para cualificar a tarefa.
Cada valoración debería ir acompañada dun comentario.
Este tipo de actividade-moodle supón para o alumnado a integración da fase de avaliación no proceso de aprendizaxe, pero para que teña éxito é necesario unha boa planificación, co engadido da formación e preparación dos estudantes para afrontar a avaliación dos compañeiros e compañeiras con obxectividade.