SCORM
SCORM (Sharable Content Object Reference Model ) é unha norma de empaquetado de contidos que facilita a distribución e pode ser importado por aplicativos (LMS ) que soportan as especificacións SCORM. Formalmente trátase dun arquivo ZIP que ademais dos arquivos do usuario debe conter outros ficheros que ...
- Identifican o contido do paquete a través do ficheiro imsmanifest.xml e os metadatos de catalogación ( opcional )
- scripts de comunicación entre o paquete SCORM e a API do LMS para o intercambio de datos, xeralmente utilizan a linguaxe javascript
Os metadatos de catalogación describen as características do obxecto , responden a deiferentes perfiles como LOM, DUBLIN CORE , etc
Para visualizar un paquete SCORM é necesario un entorno de execución que ademais de almacenar o contido, permita unha comunicación bidirecional entre o obxecto educativo e a plataforma. A comunicación é esencial porque permite identificar ao usuario e gardar información sobre a navegación, datas de entrada, e resultados de avaliación ( no caso de actividades cuantificables ).
Na actualidade conviven os modelos SCORM 1.2 e SCORM 2004, este último é máis avanzado e menos ríxido que o anterior no vocabulario, pero amosa problemas de compatibilidade cos LMS o que fai que o 1.2 sexa o máis utilizado.
Vantaxes de SCORM:
- Accesibilidade , poden ser catalogados o que facilita o indexado en repositorios. Son utilizables desde Internet e tamén en local.
- Adaptabilidade , os paquetes son doados de modificar.
- Durabilidade, responde a un modelo standard .
- Reusabilidade , pode disgregarse e utilizar os fragmentos noutros obxectoseducativos.
- Interoperabilidade , capacidade de conexión con sistemas de e-learning (LMS )
SCORM como ferramenta de avaliación.
O sistema SCORM reproduce o modelo tradicional de avaliación, pero con soporte electrónico. Unha vantaxe destacada para o profesorado é o rexistro de resultados e a consulta via web. Pero como aspecto negativo suliñar que SCORM non introduce melloras significativas no proceso de avaliación formativa.
Software para crear paquetes SCORM
Algunhas ferramentas de autor para a creación de contidos como ARDORA, EXELEARNING ou LIM , permiten exportar os materiais elaborados nun arquivo SCORM, que pode importarse directamente na plataforma e-learning ( por exemplo moodle )
Reload Editor.
Trátase dunha ferramenta libre que permite xerar paquetes SCORM a partir dos nosos recursos. Deste xeito podemos utilizar imaxes, sons , vídeos, paxinasHTML , etc e crear un obxecto dixital con índice e catalogación.
RELOAD EDITOR: CATALOGADO LOM-ES E EMPAQUETADO SCORM from Pablo Gulín on Vimeo.
Catalogación LOM-ES con Reload Editor
LMS (learning managment system) Sistema de Xestión da Aprendizaxe, é unha plataforma de e-learning , tamén chamada "Aula Virtual". Entre as máis destacadas están Moodle , Chamilo e Dokeos.
SCO unidade mínima de contido dun paquete SCORM, non se refire aos arquivos que contén senon que fai referencia ás partes do SCORM que aparecen no índice (unidades)
ASSETS recursos que contén o arquivo SCORM, son arquivos como imaxes, sons, vídeos, textos, etc
LOM Learning Object Metadata , conxunto de datos que "catalogan" ao paquete SCORM. Na práctica información sobre a autoría, a linguaxe, as condicións de uso, a quen vai dirixido, etc. LOM-ES é un perfil de metadatos desenvolvido por AENOR e adaptado ao idioma español.
[ Análise do perfil LOM-ES PDF]