Resposta numérica


Neste caso formúlase unha pregunta que require unha resposta numérica, expresada en cifras. O alumno debe escribir un número nun cadro de texto ao efecto. Moodle permite especificar o valor exacto correcto que corresponde ao cálculo solicitado, pero tamén permite especificar unha marxe de erro. Se a resposta escrita polo alumno cae no intervalo (correcta - erro) :(correcta + erro), darase por válida e outorgaráselle o 100% da cualificación. Outros valores puntuarán 0.

O interface gráfico para especificar unha pregunta numérica só acepta unha resposta. Con todo, o código interno permite varias respostas mesmo con cualificacións diferentes.

É moi recomendable especificar explicitamente as unidades nas que se espera a resposta. O computador tan só comparará os valores e as conversións introducidas como alternativas. Pode dar por falsas respostas correctas e á inversa, debido a esta circunstancia. Mellor evitar esta posible ambigüidade.

 

 
 

 

 

Este material de A. Lomba e E. Gesteira está baixo unha licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.