Escolla múltiple

 



Trátase da clásica pregunta “tipo test” onde o estudante debe elixir unha ou varias respostas. Podemos crear preguntas de resposta única e múltiple, presentar imaxes na pregunta e ponderar respostas individuais. En principio, hai dous tipos de preguntas de elección múltiple: dunha única resposta e de múltiples respostas.

 

a) Preguntas de resposta única. Estas preguntas permiten unha e só unha resposta

proporcionando botóns de opción á beira das respostas. Xeralmente, aplicarase a puntuación máxima para a resposta correcta e cero para as erróneas, aínda que tamén é posible asignar unha puntuación parcial para as respostas parcialmente correctas (se as hai).

 

b) Preguntas de resposta múltiple. As preguntas de resposta múltiple permiten escoller unha ou varias respostas por medio dunha casa de verificación. Cada resposta pode ter unha puntuación positiva ou negativa, de tal forma que se se marcan todas as opcións non se obteña necesariamente unha boa cualificación. Se a puntuación total é negativa, a cualificación total desa pregunta será cero.

Debemos ter coidado, pois é posible crear preguntas cunha puntuación total superior ao 100%.

 

Finalmente, cada resposta (correcta ou incorrecta) debe incluír unha corrección ou retroalimentación. Esta corrección mostrarase ao estudante xunto a cada unha das súas respostas (se o cuestionario se configura para mostrar as respostas correctas). 

 

 

Configuración dunha pregunta de opción múltiple

Para crear unha pregunta de opción múltiple hai que seleccionar esta opción concreta da lista despregable Crear unha nova pregunta da páxina Editando un cuestionario , e configurar o formulario Editando unha pregunta de opción múltiple da seguinte forma:

 



 

Tras seleccionar a categoría na que incluiremos a nova pregunta que estamos elaborando, debemos pór un nome descritivo; utilizarase este nome para realizar un seguimento das preguntas posteriormente, polo que “Pregunta 1” non é un bo nome; utilizarase o nome na lista de preguntas na páxina de edición do cuestionario; non se mostrará aos alumnos, así que se pode escoller un nome que teña sentido para non só o que crea a pregunta senón tamén para outros posibles profesores que poderán visualizala e engadila nos seus cuestionarios, aínda que non poderán modificala.

 

Achegaremos a continuación o enunciado da pregunta. Se se utiliza o editor HTML podemos formatear o texto como en calquera procesador de textos. Tamén, podemos engadir unha imaxe á pregunta de dúas formas:

 

1. Se xa temos cargada a imaxe na área de Arquivos, podemos engadir o ficheiro nun menú despregable baixo a área de texto da Pregunta.

 



 

2. Se eliximos utilizar o editor HTML, podemos premer na icona de imaxe. Abrirase a xanela de Inserir Imaxe. Aquí temos a posibilidade de escoller cargar unha imaxe desde a área de Arquivos, ou pódese engadir a URL da imaxe na web. Se engadimos o arquivo á súa área de arquivos, debemos premer no nome do arquivo despois de cargalo para inserir a ligazón na entrada URL na parte superior da pantalla. Despois faremos clic en Aceptar.

 

 



 

Configuración. Escolla múltiple.

 

Cualificación:

 

  • Especificaremos a cualificación da pregunta; por defecto é 1, aínda que este parámetro pode ser modificado; é posible, por exemplo, asignarlle 2 ás cuestións de resposta múltiple; así, se unha pregunta vale 10 puntos, seleccionando unha resposta correcta nun formato de resposta múltiple pode proporcionar o 50% da puntuación posible.

     

     

  • Opcionalmente, podemos especificar un factor de penalización, é dicir, que fracción da puntuación obtida debería substraerse por cada resposta errónea.

     

    Isto só resulta relevante se o cuestionario se executa en modo adaptativo, de forma que se permite ao estudante varios intentos de resolución da pregunta. O factor de penalización debería ser un número entre 0 e 1. Un factor de penalización de 1 significa que o estudante ha de dar a resposta correcta ao primeiro intento para conseguir a cualificación máxima. Cun factor de penalización de 0 é posible conseguir a máxima cualificación independentemente do número de intentos.

Retroalimentación:

  • Se o desexamos, pódese engadir un comentario de retroalimentación en cada resposta. Pode supor un pouco máis de traballo, pero é un bo hábito comentar aos alumnos utilizando a área de retroalimentación por que cada resposta é correcta ou errónea. Deste xeito eles poderán analizar o seu propio pensamento e serán capaces de entender por que unha resposta é correcta. A súa retroalimentación só se presentará en pantalla se seleccionamos Mostrar comentarios nas opcións do corpo do cuestionario.

     

Outras opcións:

  • Tamén é moi importante a opción na que debemos optar entre unha soa resposta ou varias respostas; é o lugar en que diferenciamos as dúas modalidades de opción múltiple.

     

  • Elixir se, para cada intento de contestar o cuestionario que contén a pregunta, cambia a orde de presentación das posibles respostas. Isto só será efectivo se está activada a opción Barallar preguntas no formulario de configuración do cuestionario.

     

Pasos para confeccionar cada pregunta:

 

    Os seguintes pasos débense realizar para cada unha das opcións que vaia ter a pregunta:

     

     

  • Engadir unha das posibles solucións á pregunta.

     

  • Indicar a súa cualificación (en tanto por cento). Dependendo do número de respostas correctas asignaremos unha cualificación ou outra. Unha soa resposta correcta tería unha cualificación do 100%, mentres que tres respostas correctas terían unha cualificación de 33,333%, cada unha. Tamén se poden asignar cualificacións negativas para as respostas incorrectas.

     

     

  • Se o desexamos, podemos escribir un comentario de retroalimentación en cada resposta, coas vantaxes e desvantaxes analizadas algo máis arriba.

     

    Se a pregunta vai ter máis opcións das que Moodle mostra por defecto, faremos clic no botón tantas veces como necesitemos.

     

    Opcionalmente, podemos escribir unha retroalimentación específica para as respostas correctas, parcialmente correctas e incorrectas.

     

     

  • Para finalizar pulsaremos no botón Gardar cambios.

 


Este material creado por A. Lomba e E. Gesteira está baixo unha licenzaCreativeCommonsReconocimiento-NoComercial-CompartirIgual3.0