Engadir preguntas a un cuestionario
Unha vez que agregásemos unha pregunta ao cuestionario, aparece no lado esquerdo da pantalla nas lista preguntas do cuestionario. A pregunta segue sendo seleccionable á dereita, pero só podemos agregala ao cuestionario unha vez. Se seleccionamos a mesma pregunta da lista de categorías outra vez para agregala ao cuestionario, non sucederá nada.
Unha vez que agregásemos as preguntas ao cuestionario podemos cambiar a orde das preguntas facendo clic nas iconas en forma frecha, , no lado esquerdo da lista das preguntas do cuestionario. Igualmente, podemos quitar unha pregunta do cuestionario utilizando a icona .
Tamén podemos determinar a cualificación de cada pregunta. Podemos asignar a puntuación en cada pregunta na columna Cualificación do cuestionario. Isto permítenos fixar o peso relativo de cada pregunta no cuestionario. Debemos fixar tamén a cualificación máxima do cuestionario completo. Isto non ten que ser igual á suma das cualificacións das preguntas individuais. As cualificacións alcanzadas polos estudantes serán extrapoladas segundo a cualificación máxima. Despois de axustar as cualificacións das preguntas individuais debemos facer clic en Gardar cambios.