Dispositivos SRS

SRS: Student Response Systems

Traducido como Sistemas de Evaluación da Resposta, o simplemento "mandos de resposta"

Utiliza dispositivos electrónicos inarámbicos que permiten á persoa usuaria respostar de xeito inmediato a unha pregunta que propón o profesor. Poden ser equipos específicos , teléfonos móbiles ou tablets.

 

imaxe dun mando para respostas.(Procedencia da imaxe: wikipedia)

 

Vantaxes do uso dos SRS(Camacho, 2010)

  1. Facilitan a perticipación interactiva do alumnado.
  2. Permiten ao profesorado comprobar en calquera momento o nivel de coñecemento e de comprensión.
  3. Proporcionan unha avaliación inmediata.
  4. Favorecen a atención, motivación e participación na clase.
  5. Permiten gardar un rexistro do que sucedeu na clase.
  6. Facilitan a aprendizaxe.
  7. Guía ao profesorado sobre os aspectos que debe cambiar o sobre os que debe incidir no resto da sesión.