Cuestionarios moodle

A actividade Cuestionario permítenos construír listas de preguntas que se formulan ao estudante. Unha vez respondidas, o propio programa encárgase de xerar a cualificación que corresponda. Dada a súa flexibilidade, podemos utilizalos para avaliacións iniciais, para exames tipo test, para probas de nivel de competencia curricular e en todas as posibilidades de autoavaliación que creamos oportunas, aínda que non debería ser a única ferramenta de medición que utilicemos.

É moi importante que en todos os casos os cuestionarios estean ben feitos. Esta ferramenta baséase nunha tecnoloxía interactiva, pensada máis para o reforzo educativo ou o repaso que para a verdadeira aprendizaxe. A posibilidades de retroalimentación inmediata despois de cada resposta enviada ou ben ao rematar o cuestionario é unha das fontes que motiva ao estudante e constitúe un mecanismo de reforzo importante, tanto para a consolidación da información aprendida, como para favorecer a aprendizaxe autónoma e mellorar a autoestima. Precisamente, o obxectivo deste módulo de actividade é proporcionar ao estudante unha forma sinxela de seguir o seu proceso de estudo e aprendizaxe.

Unha característica na que Moodle sobresae entre os seus competidores, tanto do software libre como do propietario, é a cantidade e calidade dos tipos de preguntas que podemos barallar para confeccionar os cuestionarios. A lista de preguntas pode conter cuestións de diferentes tipos, mesturadas ao chou pola propia plataforma.

A continuación, imos ver que tipos de preguntas podemos utilizar nun cuestionario de Moodle e como se traballa con elas, e despois como se constrúen e xestionan os cuestionarios con múltiples preguntas.

 

ESTE MANUAL SOBRE OS CUESTIONARIOS MOODLE FORMA PARTE DO MATERIAL SOBRE MOODLE DESENVOLTO POR A. LOMBA E F. GESTEIRA, E DISTRIBUÍDO BAIXO LICENZA CREATIVE COMMONS BY-NC-SA

 

Este material de A. Lomba e E. Gesteira está baixo unha licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.