Configuración dun cuestionario
Os cuestionarios de Moodle teñen dous compoñentes principais que debemos distinguir: o corpo do cuestionario (definido polas opcións de configuración), e as preguntas que os estudantes deben responder. Estas poden ser de varios tipos diferentes, extraídas dun banco de preguntas e colocadas nunha certa orde.
O corpo do cuestionario é o primeiro que ven os estudantes cando acceden á actividade e define como interactuarán con ela. Para crear o corpo dun cuestionario, hai que activar o modo de edición e, a continuación, seleccionar Cuestionario da lista despregable Engadir unha actividade. Isto levaranos ao seu formulario de configuración, onde completaremos os seguintes campos :
- Nome:
Elementos notables do triángulo. (É o texto
identificativo co que quedará enlazado o cuestionario na
páxina principal do curso ).
- Introdución:
Opcional. Neste espazo irá o texto que se mostrará
aos estudantes cada vez que inicien o cuestionario. Podemos
utilizalo para describir o obxectivo do cuestionario, incluír
instrucións de resolución, indicar os criterios de
cualificación ou calquera outra cuestión metodolóxica.
- Coordinación:
- Abrir
cuestionario: Desactivado.
- Pechar
o cuestionario: Desactivado.
- Tempo
límite: 20 min. Por defecto, os cuestionarios non teñen
límite de tempo, e conceden aos estudantes o tempo que
necesiten para terminar o cuestionario. Pero, é posible
especificar un límite temporal para forzar aos alumnos e ás
alumnas a realizar o cuestionario nese intervalo. Neste caso,
aparecerá unha pequena ventá emerxente indicando o
tempo restante en cada momento. Cando o tempo expira o cuestionario
envíase automaticamente coas respostas completadas ata ese
momento. Se un estudante manipula o reloxo do seu ordenador e se
detecta unha diferenza no tempo de envío maior de 60
segundos, entón o cuestionario cualifícase en cero
automaticamente. Para que esta característica funcione no
navegador, debe soportar Javascript (pero se o estudante sabe
manipular esta función, esta opción non debe
considerarse segura). Para fixar este límite temporal é
preciso marcar a casa Permitir.
- Atraso
da segunda tentativa en relación coa primeira: ningún.Neste campo podemos marcar o tempo de espera para volver a
realizar o cuestionario por segunda vez.
- Atraso
entre tentativas posteriores: ningún. Especifica o tempo
que terá que esperar un alumno ou unha alumna antes de poder
intentar contestar o cuestionario por terceira vez ou seguintes.
- Abrir
cuestionario: Desactivado.
- Mostrar:
- Mostrar
preguntas por páxina: ilimitado. En cuestionarios
extensos pode ser práctico limitar o número de
preguntas por páxina. Cando se engaden preguntas ao
cuestionario inseriranse automaticamente saltos de páxina de
acordo co axuste que se introduza aquí. Tamén existe
a posibilidade de modificar o salto editando de novo a
configuración do cuestionario.
- Barallar
preguntas: si ou non
- Barallar
dentro das preguntas: si ou non
- Mostrar
preguntas por páxina: ilimitado. En cuestionarios
extensos pode ser práctico limitar o número de
preguntas por páxina. Cando se engaden preguntas ao
cuestionario inseriranse automaticamente saltos de páxina de
acordo co axuste que se introduza aquí. Tamén existe
a posibilidade de modificar o salto editando de novo a
configuración do cuestionario.
- Tentativa:
cada un dos envíos do cuestionario
- Tentativas
permitidas: o número de veces que consideremos oportuno.
- Cada
tentativa constrúese a partir da última: escollemos
si.
-
SI: cando o estudante
realice intentos sucesivos de completar o cuestionario atopará
marcadas as respostas que escolleu previamente.
-
NON: a pregunta
presentarase sen ningunha indicación, como a primeira vez.
-
SI: cando o estudante
realice intentos sucesivos de completar o cuestionario atopará
marcadas as respostas que escolleu previamente.
- Modo
adaptable: escollemos si ou non. Esta opción ten como
finalidade o reforzo formativo e permite ao estudante responder
varias veces unha pregunta do cuestionario, no caso de que a súa
primeira resposta fose incorrecta. Non obstante, normalmente
aplicarase unha penalización cuxo factor se fixa
individualmente para cada pregunta cando se formula ou edita.
-
SI: o alumno pode
responder varias veces cada pregunta en cada tentativa. No modo
adaptativo amósase o botón adicional Enviar
para cada pregunta. Se o estudante pulsa este botón envíase
a súa resposta e pode ver a súa cualificación.
Se a pregunta é unha pregunta adaptativa e a resposta do
estudante é incorrecta, formularáselle unha nova
situación que terá en consideración a
resposta fallada do estudante.
-
NON: o estudante
soamente pode contestar unha vez cada pregunta en cada tentativa.
-
SI: o alumno pode
responder varias veces cada pregunta en cada tentativa. No modo
adaptativo amósase o botón adicional Enviar
para cada pregunta. Se o estudante pulsa este botón envíase
a súa resposta e pode ver a súa cualificación.
Se a pregunta é unha pregunta adaptativa e a resposta do
estudante é incorrecta, formularáselle unha nova
situación que terá en consideración a
resposta fallada do estudante.
- Tentativas
permitidas: o número de veces que consideremos oportuno.
- Cualificacións:
- Método
de avaliación: escollemos a opción que
consideremos adecuada. Para cuestionarios onde se permiten
múltiples intentos, podemos elixir que a cualificación
almacenada sexa a puntuación máis alta en calquera
dos intentos, a media de todos os intentos, a do primeiro intento
ou a do último.
- Aplicar
penalizacións: eliximos si ou non.
Se un cuestionario se executa en modo adaptativo permitirase ao estudante intentar responder de novo tras unha resposta errónea. Podemos impoñer ou non unha penalización por cada resposta errónea, que será subtraída da puntuación final da pregunta. A cantidade de penalización elíxese individualmente para cada pregunta cando se edita a pregunta. (eliximos si ou non).
Se o cuestionario non se executa en modo adaptativo non hai penalización (xa que non hai tentativas para cada pregunta). A elección (si ou non) carece de validez; será por defecto non.
- Método
de avaliación: escollemos a opción que
consideremos adecuada. Para cuestionarios onde se permiten
múltiples intentos, podemos elixir que a cualificación
almacenada sexa a puntuación máis alta en calquera
dos intentos, a media de todos os intentos, a do primeiro intento
ou a do último.
- Número
de decimais das cualificacións:Eliximos unha opción,por exemplo 2
- Os
estudantes poden facer revisións: activamos todo.
Nesta sección aparece unha matriz de opcións (casas de
verificación) que serven para controlar se os estudantes
poden revisar os seus intentos de resolución do cuestionario
e en que momento poden facelo.
- Seguranza
(é o nome que aparece no programa informático, e non
se pode cambiar):Eliximos
si ou non.
- Mostrar
exame nunha xanela segura: esta xanela intenta proporcionar
algo máis de seguridade aos cuestionarios. Pódese
esixir contrasinal e incluso un lugar físico de realización
do cuestionario pedindo dirección IP. Esta seguridade non é
hermética.

- Configuracións
de módulo común
- Modo
de grupo: eliximos aquí sen grupos (a configuración
dos grupos non a imos tratar neste momento).
- Sen grupos: todos os estudantes formarán parte dun único
grupo.
- Grupos
separados: nesta opción os grupos traballarán
independentemente, é dicir, os
estudantes dun grupo só poden ver os recursos e as
actividades do seu propio grupo, os demais grupos serán
invisibles para eles.
- Grupos
visibles: cada estudante traballará dentro do seu grupo, pero
poderá ver o traballo doutros grupos.
Neste punto establécese a forma de interacción entre os membros dos grupos de traballo ou curso, tendo en conta que cada estudante só pode pertencer a un único grupo. Temos as seguintes opcións:
- Visible:
Esta opción permite mostrar ou ocultar o
cuestionario aos estudantes.
- Avaliación
total: Podemos
deixar o predeterminado (Opcional).
De todas as maneiras, é interesante saber que nesta sección podemos introducir un texto (retroalimentación) que verá o estudante cando complete un intento de resolver o cuestionario. O texto pode depender da cualificación que o estudante consiga. Por exemplo, para as respostas e os límites de cualificación mostrados na figura seguinte, os estudantes que puntúen 80% ou máis verán a mensaxe “Moi ben”, os que consigan máis do 50% pero menos do 80% verán “Ben”, en tanto que os que teñan unha puntuación menor do 50% verán “Necesitas repasar”.
- Modo
de grupo: eliximos aquí sen grupos (a configuración
dos grupos non a imos tratar neste momento).
Gardamos e volvemos ao curso.