Visitas virtuais

 arsVirtual

Proxecto da fundación telefónica que ofrece coñecer os principais monumentos de España, Marrocos e Iberoamérica mediante realidade vritual 3D 

captura da web de arsVirtual 
 

artProject

Este proxecto de Google permite a Visita virtual a centos de museos para coñecer miles ( 30.000 neste momento ) de obras. Utiliza unha tecnoloxía semellante a StreetView e imaxes en alta resolución.

captura da web de artproject 
 

Google Earth

Aplicación informática creada por Google que simula un  globo terráqueo virtual e permite visitar calquera sitio da terra ao instante.

Características:

  • Contido xeográfico en diferentes capas que se poden activar ou desactivar.
  • Abundante información.
  • Presentación de elementos en 3D
  • É unha ferramenta gratuita pero comercial e inclúe publicidade.
  • Acceso a StreetView, con fotografías a nivel do chan. 

Ademais tamén integra un explorador do universo, do fondo dos océanos, da Lúa e de Marte.

http://www.google.es/intl/es/earth/index.html

Axuda oficial http://support.google.com/earth/?hl=es

 

Celestia

Software que simula unha viaxe polo Universo. Con licenza libre GNU, iso fai que teña unha importante comunidade de desenvolvedores que crear obxectos para incorporar ao programa: planetas, cometas, naves espaciais, etc

Sitio oficial: http://www.shatters.net/celestia/

Con celestia tamén é posible simular viaxes espaciais aos mandos dunha nave.

Información e propostas didácticas con celestia: http://celestia.albacete.org/

Stellarium

Planetario virtual en 3D con millóns de obxectos. Ten licenza GNU e está dispoñible para os sistemas operativos máis utilizados.

Sitio oficial: http://www.stellarium.org/es/

Manual: http://www.frav.es/aserranos/tallerdeastronomia/pdf/tallerdeastronomia/stellarium0.10.2.pdf