Scratch

Scratch é un entorno de programación que permite elaborar simulacións, animacións, música, actividades interactivas ou xogos sen moito esforzo.

 

 

Utiliza a acción de arrastrar e soltar pezas encaixables para establecer a lóxica do aplicativo que se quere desenvolver.

captura do aplicativo scratch
Imaxe do editor Scratch en funcionamento.

Este entorno de programación está dirixido a nenos e nenas, e o valor pedagóxico non está tanto no produto final como no procedemento e a cantidade de procesos cognitivos complexos que se poñen en funcionamento cando se utiliza Scratch.

A pesares de ter un aspecto sinxelo, contén moitos dos conceptos que se utilizan en programación: variables, condicionales, bucles, etc.

Tamén existen productos derivados, como por exemplo S4A (Scratch for Arduino - Open hardware) que permite utilizar  o entorno Scratch para controlar funcións básicas da tarxeta.

Foi creado polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab ( Instituto Tecnolóxico de Massachusetts ) e ofrécese como un aplicativo gratuito . O código fonte está dispoñible con licenza dual (GPL e "0 marcas") . Está escrito na linguaxe Squeak (Smalltalk), ao igual que Etoys.

 

Páxina oficial: http://scratch.mit.edu/

Descargas http://info.scratch.mit.edu/es/Scratch_1.4_Download

Manual    Guía de referencia en PDF

Documento Scratch para profesores en PDF

Manual S4A Scratch + Arduino en PDF