Simuladores educativos

Un simulador é un dispositivo ou sofware que está deseñado para reproducir un determinado proceso ou sistema físico determinado. A súa utilidade radica en que permite a adquisición de competencias, destrezas e habilidades dun determinado campo, pero evitando riscos e prácticas costosas.

Aspectos positivos:

  • Motivador, permite desenvolver actividades que captan a atención do alumnado.
  • Facilitador da aprendizaxe, xa que existe interactividade e esixe procesos cognitivos complexos como analizar e tomar decisións.
  • Progresivo , permite graduar a aprendizaxe e o estudante é consciente dos seus progresos.
  • Económico, posibilita o realización de prácticas costosas.
  • Seguro , evita os riscos de tarefas profesionais perigosas.

 

Un tipo máis evolucionado de simuladores son os entornos que intentar reproducir a realidade e permiten que o usuario interaccione cos obxectos do escenario e outras personaxes.

Nuevo paradigma educativo: Simuladores formativos from Agrega Contenidos Educativos on Vimeo