Crear con e-Adventure

Para comezar descarga a versión 1.3 en galego  [ Versión 1.3 en galego ]

Descomprime o arquivo ZIP

caprura dos arquivos de inicio para e-Adventure

Executa o arquivo segundo o teu sistema operativo ( bat windows, sh linux , command osX )

Observa este titorial que explica como construir unha simulación de unha visita a un museo. É un exemplo moi simple, pero útil para comprender o proceso de creación dos xogo.

 



Produto final.

e-Adventure exporta os xogos en diferentes formatos:

Xogo en formato jar , pode distribuirse como arquivo executable ( con java )

Arquivo IMS ou SCORM , pode publicarse nun LMS ( aulas virtuais )  por exemplo moodle.

Arquivo ead é un arquivo comprimido que contén os arquivos que utilizamos durante a creación do xogo, é o que se coñece como "código fonte". Se compartes este arquivo con outras persoas, elas poderán modificar o xogo. Os arquivos ead tamén poden visualizarse (xogar) co motor de e-Adventure

captura de listado de archivos de eAdventure

 

Para pechar un xogo , preme a tecla ESC e escolle a opción.

captura da xanela de saída dos xogos de eadventure