Universo google

 

Por que Google?

Google non só permite utilizar as súas aplicacións de xeito gratuíto senón que tamén ofrece a súa tecnoloxía para que os centros educativos configuren e administren uns servizos semellantes aos que podemos atopar na súa web.

captura páxina de entrada a google apps

Características destacadas de Google:

  1. Gratuito
  2. Moi ben documentado.
  3. Facilidade de uso das ferramentas, a curva de aprendizaxe non é moi elevada.
  4. Traballo on-line , non é necesario distribuir software entre o alumnado.
  5. Posibilidade de administrar contas de usuario, e espazos restrinxidos con Google Apps.
  6. Ofrece o idioma galego ( non en todos os servizos )

 

Aspectos negativos:

  1. Non permite abrir contas a menores de 14 anos , agás as incluidas en "Google Apps for education"
  2. Almacena datos persoais e de navegación.
  3. Inclúe información publicitaria que pode inducir a erros

 

Exemplo "Apps para educación"

captura do sitio web edu.colecarino.net

 

Icona iDevice

Coñecementos previos

Xestión dunha conta en Google

Utilización dun procesador de textos.