Google Maps

Proposta de tarefa cooperativa con Google Maps

http://maps.google.es/

Neste pequeno titorial ímos ver o uso de Google Maps como ferramenta para o traballo cooperativo.

A nosa intención é crear unha tarefa que consista en sinalar varios lugares dun mapa e amosar información relativa a ese punto cando un visitante prema nel co punteiro do rato. Crearemos o mapa e os alumnos encargaránse de engadir información sobre determinados lugares.

O primeiro é iniciar sesión captura boton de inicio de sesión de google maps.

Unha vez iniciada a sesión veremos o seguinte menú no lateral esquerdo.

captura xanela google maps

Facemos click en "Os meus lugares"

captura xanela google maps para crear un mapa

O seguinte é premer no botón "CREAR MAPA"

captura google maps

Nesta xanela debemos escribir o título e unha descrición. Na parte inferior configuramos a privacidade do mapa.

O seguinte paso é comezar coa edición do mapa, situando o punteiro do rato nun punto e facendo click sobre o botón dereito do rato , amósase un menú contextual. 

captura google maps, crear un indicador no mapa.

Escolle "Engada un marcador"

O punto queda sinalado no mapa e aparece unha xanela para engadir información a ese punto.

captura poñer un marcador en google maps 

Na descrición podemos utilizar texto sen formato ( texto simple ) , HTML (Editar HTML) ou texto con formato (Texto enriquecido )

Con texto enriquecido pódemos engadir imaxes ( ligazóns a imaxes de Internet ) , pero se queremos inserir un vídeo ou unha animación temos que activar "Editar HTML" e pegar os códigos HTML correspondentes.

É posible cambiar a icona por defecto facendo click sobre ela e escollendo algunhas das que se amosan, ou incluso utilizar unha propia.

Para inserir un marcador tamén podemos utilizar o botóns captura botóns engadir marcador da esquina superior esquerda.

Unha vez rematada a configuración do mapa, procedemos a confecionar a listaxe das persoas colaboradoras , e a determinar os seus permisos

captura compartir mapa

"Invita a persoas como colaboradoras"  Escribe os enderezos de correo das persoas colaboradoras.

Cando as persoas colaboradoras accedan ao mapa poderán engadir os seus marcadores despois de facer click no botón editar captura botón editar mapa

Google Maps GL

MapsGL é unha versión máis avanzada de Google Maps, que utiliza a tecnoloxía webGL, e ofrece máis rapidez e calidade na representación das imaxes.

captura mapsGL

A forma de crear mapas e engadir marcadores non cambia con respecto á versión clásica.

Icona de iDevice Para saber máis.

Axuda oficial de Google Maps

Cincenta ao redor do mundo. "Aventura" cooperativa de Mario Aller