Google Docs

Uso de Google Docs para traballo cooperativo.

A continuación veremos as posibilidades que ofrece a aplicación de Google para o traballo colaborativo. Aínda que este titorial está referido a Google Docs, as características que se comentan a continuación tamén están presentes noutras aplicacións Google como "Presentación", "Folla de cálculo" (menos posibilidades nos comentarios) , etc

En primeiro lugar debemos configurar o modo como vamos a compartir o documento e con quen.

captura do botón compartir de google docs

captura de xanela de google docs compartir

Ao facer click en "Añadir personas" comezamos a escribir os enderezos de correo das persoas coas que compartiremos o documento, ao tempo que podemos asignar os privilexios: Editar, comentar ou só ver o documento.

captura google docs , privilexios compartir

 

Por defectoos documentos son privados, para cambiar esta configuración debemos premer en "Cambiar..."

COMENTARIOS. 

Google Docs permite engadir comentarios en diferentes partes do documento, pero coa característica especial de que permiten un "diálogo" a modo dun foro, "comentarios aos comentarios"

Para escribir un comentario utiliza o menú superior "Insertar" >>> "Comentario" .

REVISIÓNS.

Google garda un histórico coas modificacións dos documentos. Para acceder ao historial escolle "Ver historial de revisión" no menú "Archivo".

Amosarase unha listaxe coas datas de modificación do documento.

captura historial de revisións de google docs

Ao facer click en cada revisión veremos os cambios, con "Restaurar esta revisión"  recuperamos o estado do documento na data.

Esta característica fai que o procesador de textos poda utilizarse a modo de wiki. Serán os editores on-line os substitutos dos wikis?