Wikis

Os wikis son espazos cooperativos nos que se pode escribir, borrar ou modificar o contido.

Características orixinais:

  1. Espazo aberto.
  2. Sen restricións para editar/borrar/modificar os contidos
  3. Uso dunha linguaxe de marcado para dar formato aos textos, situar elementos, etc.
  4. Rexistro de cambios coa posibilidade de desfacer cambios.

Na actualidade non todos os wikis teñen estes rasgos, agora podemos atopar wikis con rexistro para editar, páxinas bloqueadas , ou que utilizan editores gráficos para dar formato aos textos (HTML)

Para crear un wiki seleccione "Wiki" no menú "Engadir unha actividade"

Tipo:
Profesor: só poden escribir os profesores.
Estudante: cada estudante ten o seu wiki privado, ninguén máis, agás o profesor, pode escribir nel.
Grupo: os estudantes e os profesores poden escribir no wiki.

Modo HTML:
Determina se permitimos o uso dun editor gráfico , como se amosa na imaxe inferior. Se escollemos "Sen HTML" os usuarios deberán coñecer a linguaxe de marcado para os wikis de moodle.

Permitir ficheiros binarios:
Os estudantes poden xuntar arquivos.

CamelCase: é unha combinación de minúsculas maiúsculas dentro da mesma palabra, o wiki transforma esta palabra nunha ligazón.
Exemplo de camelCase no primeiro wiki http://c2.com/cgi/wiki?WelcomeVisitors

Opcións de administración do/a estudante:
configura certos privilexios que se poden otorgar aos estudantes.

Nome da páxina: por defecto a primeira páxina do wiki leva o mesmo nome que o wiki, se quere cambiar este comportamento deberá escribir un nome para a primeira páxina.

Modo de grupo:
Sen grupos: só existe un wiki para tódolos alumnos.
Grupos separados: os estudantes só poden ver e editar o wiki do seu grupo.
Grupos visibles: os estudantes poden ver o wiki dos outros grupos pero só poden editar o do seu grupo.

 

Para crear unha nova páxina escriba o nome entre corchetes [nome da páxina] , cando se garde o texto aparecerá un signo "?" despois da palabra , facemos click sobre o signo e xa se crea a nova páxina.

Editar: selecciona esta opción para escribir na wiki.

Ligazóns: listaxe das páxinas que conectan mediante hipervínculos coa actual.

Historial: rexistro dos cambios da páxina. Unha das vantaxes das wikis é que permiten desfacer os cambios e retornar o contido a un momento ( revisión) concreto (coa opción "Traer de volta" )