Webquest
Para engadir unha webquest en moodle, escolle en "Webquest" en "Engadir unha actividade"
Introdución: explicación da webquest, debe ser clara e motivadora para o alumnado.
Número de tarefas: define a cantidade de tarefas que se deben desenvolver na webquest.
Número de anexos en cada envío: cantidade de arquivos a xuntar por cada tarefa.
Avaliación por equipos: escoller SI para o traballo cooperativo.
Estratexia de calificación: define a forma como se avaliará: criterio, rúbrica, etc
Datas de comenzo e fin:configura as datas para a avaliación da webquest ( envío de tarefas, etc )
No formulario seguinte ímos completando os distintos apartados da webquest:
TAREFAS.
"Editar descrición das tarefas" Texto para o apartado de tarefas, é unha descrición xeral.
"Editar tarefas", preme para acceder ao formulario para escribir as tarefas ( tantas como configuramos na webquest )
Xunto á explicación da tarefa debemos establecer o tipo de escala para a valoración.
PROCESO.
"Editar proceso" explicación do procedemento para completar a webquest.
"Inserir recurso"
Escribe o nome do recurso, unha descrición e unha ligazón a internet ou a un arquivo.
Podemos continuar engadindo recursos desde o formulario anterior.
EQUIPOS. Permite crear grupos de traballo.
"Inserir equipo" permite crear un equipo, temos que escribir o nome e opcionamente unha descrición ( unha referencia para que o profesor identifique ao grupo)
Para engadir membros ao equipo , preme no nome ( na imaxe "equipo 1") e amosarase o formulario para definir os membros do equipo.
IMPORTANTE: só un dos membros do equipo pode escribir na webquest ( respostar ás tarefas ) , por defecto ( e non é posible cambiar este comportamento ) é o primeiro nome que se traslada á columna "Membros". Ten en conta isto á hora de pedir aos alumnos que completen a tarefa.
AVALIACIÓN
O profesorado pode avaliar as tarefas premendo na opción "Avaliación"
Ademais de calificar a tarefa é recomendable deixar comentarios para orientar ao alumnado (grupo) sobre os aspectos positivos e negativos do seu traballo.