Moodle cooperativo
Por que moodle?
Moodle é unha das ferramentas que ofrece o proxecto "webs dinámicas" , e está dispoñible para os centros educativos que o soliciten. Por este motivo debe ser un referente á hora de dar soporte aos traballos cooperativos, sen esquecer que existe unha oferta máis ampla que veremos no punto seguinte.
As propostas cooperativas farán uso do potencial que ofrece moodle para o traballo colaborativo desde unha conta de usuario.
O contido deste titorial está referido á versión de moodle que utiliza o proxecto "webs dinámicas" (1.9)
Coñecementos previos
- Creación de cursos.
- Administración de cursos.
- Administración de usuarios/as.
- Creación de contidos.