Chat
Os chat permiten manter conversas entro os usuarios, en tempo real. Isto permite crear debates con intercambio instantáneo de opinións.
Para crear unha sala de chat selecciona "Chat" no menú "Engadir unha actividade".
Escribimos un nome para a sala e un texto descritivo.
"Próxima hora de chat" data e hora de comezo do chat, pero está supeditada á opción que configuremos en "Repetir sesións"
"Non publicar horas de chat" a sala está sempre aberta e os usuarios poden utilizala en calquera momento.
"Sen repeticións" a sala só estará accesible na data establecida.
As outras opcións non necesitan explicación.
Un aspecto importante é a posibilidade de aplicar a separación por grupos ás salas de chat.
"Grupos separados" A comunicación se leva a cabo entre os membros do mesmo grupo, os asistentes dos outros grupos non poden ver as mensaxes nin interactuar con membros doutros grupos.
"Grupos visibles" as mensaxes son visibles para tódolos grupos, pero só é posible interactuar cos membros do mesmo grupo.
Aspecto da xanela do chat.