Webquest

"A WebQuest is an inquiry-oriented activity in which some or all of the information that learners interact with comes from resources on the internet"
(Bernie Dodge, 1995)

O modelo "webquest" foi creado polo profesor Bernie Dodge, e consiste nunha tarefa de procura de información principalmente na web , cunha estructura moi ben definida, que a identifica fronte a outras webtask.

Apartados dunha webquest:

Introdución: Ofrece a información incial, tamén ten o obxectivo de motivar ao alumnado.

Tarefa:son as actividades que deben desenvolverse.

Proceso: indica o procedemento que debe seguir o alumnado para completar as tarefas.

Recursos: neste apartado se inclúe unha listaxe de ligazóns a sitios web ( e outros recursos) que se deben visitar para obter a información necesaria para realizar as tarefas.

Avaliación: describe con precisión a forma como se valorará a tarefa ( ou tarefas ).

Conclusión: analiza a aprendizaxe e motiva ao alumnado para continuar coa investigación.

Tamén pode incluir outros apartados como créditos , con información sobre a procedencia dos recursos , ou unha guía para o profesorado.

As características fundamentais da webquest son:
  1. Actividade de grupo, cooperativa e con asignación de roles ( división do traballo).
  2. Hai un análise e transformación da información , non se trata de copiar os contidos dos sitios web.
  3. Definición clara dos aspectos que se avaliarán.

 

Obxectivos que podemos acadar co uso das webquest:

  1. Buscar información na web.
  2. Analizar información
  3. Mellorar a competencia dixital
  4. Aprender a organizar tarefas e proxectos.
  5. Traballar en grupo de forma activa.