Modelos

 

Algúns modelos para desenvolver traballo cooperativos son:

Titoría entre iguais.
Consiste na formacion de grupos con participantes de diferentes niveis de coñecemento e capacidades, unha das pesoas actúa de titora.

Aprendizaxe recíproca.
Grupos heteroxéneos con reparto de tarefas segundo as características das persoas participantes. O obxectivo é que se comparta coñecemento: ensinar e aprender.

Mosaico ou crebacabezas.
Trátase de fragmentar o traballo e asignar a cada membro do grupo unha parte,cada membro do grupo faise "experto" nunha parte do tema.Trátase de expoñer e compartir os coñecementos co resto dos integrantes do grupo.

Xogos de rol. 
Os participantes teñen que representar un papel, e comportarse de acordo a ese papel, independentemente da súa opinión persoal. Un exemplo pode ser un debate. 

Grupos de investigación.
O grupo subdivide a tarefa entre os membros de forma consensuada. Antes da posta en común, os membros do grupo analizan os resultados e os modifican se o consideran necesario.