Fundamentos

A aprendizaxe cooperativa é un modelo metodolóxico que promueve o traballo en equipo, digamos con responsabilidade compartida porque cada membro do grupo sabe que o éxito depende das aportacións e esforzos de cada persoa.

Traballo cooperativo non é un reparto de tarefas para unilas ao rematr nun produto final, senon que comporta a creación dunha estrutura organizativa que permite a iteración entre os membros do grupo. Precisamente nesta esixencia de organización é donde máis destaca a aportación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación: ofrecen un soporte para a relación entre os membros do grupo. 

 

nenos e nenas fronte a unha táboa, expresa traballo en equipo

Rasgos que debe ter a aprendizaxe cooperativa: 

  1. División da clase en equipos de aprendizaxe ( de tres a seis ) , xeralmente heteroxéneos en rendemento e que deben permanecer estables durante o tempo que dura o proxecto.
  2. Anímase ao alumnado a axudar aos outros membros do grupo.
  3. Hai unha recompensa polo rendemento obtido como consecuencia do traballo en grupo.

Díaz-Aguado (2003)

 

Beneficios da aprendizaxe cooperativa segundo Pujolás ( 2004 ):

  1. Aumento do rendemento e a productividade.
  2. Mellora das relacións interpersoais e aceptación das diferenzas.
  3. Maior precisión na toma da perspectiva social
  4. Elevación da autoestima
  5. Maio comprensión da interdependencia.

 

Consellos para a fase de planificación e organización.

Creación de grupos:

  1. Procurar grupos de traballo heteroxéneos.
  2. Identificar intereses comúns entre os participantes.
  3. Deixar un tempo para que os membros  intercambien información.

Planificación do traballo individual e compartido:

  1. Explicar con claridade as tarefas.
  2. Definir estratexias de traballo, de participación e implicación dos membros.

 

(extraído de "Trabajo cooperativo en entornos virtuales de aprendizaje",Montse Guitert y Ferran Jiménez )[PDF]