C- Canles de publicación
Os vídeos xerados poderemos publicalos en distintos soportes: DVD, disco duro, servidor, memoria flash...
Calquera dispositivo que poidan gravar información dixital pode ser un soporte dun arquivo de vídeo.
Soporte DVD
Para que un vídeo poda ser reproducido en calquera reprodutor, unha das opcións é gravalo nun DVD.
"Unha confusión moi xeneralizada é que calquera arquivo que se grave en un DVD é unha película. Da igual que sexa un Power Point, unha imaxe jpg, un arquivo html... Pero se está en DVD por que non o podo ver na tele? (Sempre me pregunta meu pai)"
DVD significa: Disco Versátil Dixital.
"Para que sexa un DVD-vídeo, ten que ter a estrutura de carpetas: AUDIO_TS e VIDEO_TS. Dentro da carpeta VIDEO_TS estarán unha serie de arquivos .VOB que terán un máximo de 1 GB. Cando se xera a película e esta ocupa máis deste espazo o arquivo pártese. Tamén haberá uns arquivos BUP e IFO.
Se non ten esta estrutura e este tipo de arquivos, NON É UN DVD DE VIDEO!!! (que se poida reproducir en calquera lector)
Estamos empregando o soporte para almacenar datos."
Internet
Na rede podemos atopar diversos aloxamentos para as nosas creacións. Os máis populares son YouTube e Vimeo. Creamos unha conta e seguimos o asistente para publicar. Ao comezo teñen certas limitacións de tamaño dos vídeos, pero a medida que vamos publicando e temos certo número de entradas estas limitacións van diminuíndo.
Cando subimos un arquivo, o servidor convérteos a formatos que admiten streaming.
Código embed < >
Calquera destes dous servidores inclúen a opción de copiar o código para poder incrustar o arquivo no noso Blog. (Moitas veces referido co símbolo < >)
É moi sinxelo: copias o código, vas ao teu editor do Blog e pegas o código na fiestra onde escribes o texto. O que verás xa non serán as etiquetas correspondentes, senón o teu vídeo incrustado.
Velaí vai o exemplo que fun elaborando mentras escribía este capítulo. O código que copiei do servidor é:
<iframe width="640" height="360" src="http://www.youtube.com/embed/T4cRs4ergUY?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>