O ARQUIVO DE AUDIO DIXITAL

Un dos ámbitos nos que máis estendido está o uso da tecnoloxía dixital é o do son.

Dende que nos anos 80 saíra ao mercado o Compact Disc (primeiro soporte óptico de audio comercializado) ata o de hoxe, a evolución foi constante: dende a universalización doutros formatos, pasando polo almacenamento en diversos soportes ata chegar ao software de edición, que achega ao usuario a posibilidade de converter o seu ordenador nun potente estudio de gravación-edición.

A nivel escolar a súa potencialidade é considerable: gravación de contos, radio escolar, bandas sonoras de actuacións e obras de teatro, ferramenta para o mestre de audición e linguaxe, complemento para a creación de vídeos, na aula de música, para o aprendizaxe das linguas... e a lista de enumeracións podería seguir e seguir.

Parece que o que non está tan estendido como o seu uso, é a edición, do que aspiramos a sentar unhas pequenas bases con este capítulo dedicado ao Arquivo de Audio Dixital.