E- Edición de arquivos multipista

Moitos editores de audio ofrécennos a posibilidade de ter abertos a un tempo varios arquivos. Deste xeito podemos facer, por exemplo, unha mestura de sons gravados en distintos momentos, pero que queremos que soen á vez. (Unha música de fondo e unha voz, arquivos con efectos especiais de son...)

Para abrir outro arquivo no proxecto iniciado esta vez temos que ir ao comando Importar (Archivo/Importar/Audio), xa que si lle damos a abrir farao nun proxecto novo.

Na figura podemos observar dúas pistas estéreo que soarían a un tempo.

 

Grazas á ferramenta de desprazamento no tempo, podemos mover as pistas no eixo horizontal e facer que comecen unha despois da outra.

"Neste caso, se quixeramos que se fundiran, poderiamos aplicar un Fade Out na primeira e un Fade In na segunda, para xerar unha transición cómoda entre as dúas pistas."

 

Tamén podemos gravar novas pistas a pesar de ter outras abertas.

 

Cada pista ten un control de volume e outro para balancear o sinal cara o altofalante dereito ou esquerdo. Tamén podemos silenciala ou facer que sexa a única que soe.

A medida que se nos acumulen pistas aparecerá un scroll de desprazamento no lateral dereito. Tamén temos a opción de encoller cada pista achegando o cursor a un borde e arrastrando.

Se o que queremos é eliminar unha pista podemos facer clic na cruz correspondente situada a carón do nome da pista.