C- Outras ferramentas de edición
1. APARECER E DESVANECER PROGRESIVAMENTE
Moitas veces queremos que o audio teña unha transición suave entre o silencio e o son. Cos efectos Aparecer (Fade In) e Desaparecer (Fade Out) do menú efecto, conseguiremos o desexado.
No espazo de tempo seleccionado vemos como a amplitude da onda vai diminuíndo paulatinamente (Fade Out). No lado oposto do espazo en silencio vemos como o son aparece bruscamente.
2. SON ENVOLVENTE
Cando traballamos nun proxecto de audio, unha das necesidades que podemos ter é a de subir e baixar o volume ao longo dunha pista. Audacity inclúe unha ferramenta, son envolvente, que nos permitirá moldear ese control do volume dun xeito moi sinxelo.
Ao seleccionala, aparecerán na parte superior e inferior de cada canle da pista escollida, unhas liñas horizontais azuis. Cando fagamos clic sobre esas liñas, uns puntos brancos que nos permitirán arrastrar e "moldear" así a nosa onda.
Podemos facer isto cantas veces precisemos ao longo da nosa pista, e volver mover eses puntos brancos para un mellor axuste.