O ARQUIVO DE IMAXE DIXITAL

A dixitalización da imaxe supuxo unha revolución importantísima nos procesos de edición.

Cando viñamos duns procesos lentos, caros, que non estaban ao alcance de todos..., aparece o Laboratorio Dixital que ven substituír aos procedemento analóxico.

A urxencia dos resultados, o abaratamento, a calidade de multimedia e a opción de utilización en diversas plataformas (dixitais e analóxicas), e sobre todo: a posibilidade de control moitísimo máis preciso durante na edición, son a xustificación ao cambio tan radical experimentado.

As posibilidades de tratamento das imaxes que saen das nosas cámaras crecen incriblemente, ate o punto de que son capaz de cambiar a nosa percepción da realidade. Será labor dos docentes propiciar no noso alumnado un sentido crítico neste sentido, logo de capacitarnos nun emprego mínimo destas técnicas.

 

 

Neste capítulo poderás ver como é o traballo que realizamos diariamente na nosa escola coas imaxes que tomamos, e que logo se empregarán no Blog, na Revista Escolar, nas presentacións, nas memorias..., por poñer algúns exemplos.