B- Resolución (tamaños en píxeles)

Que é un píxel?

É a menor unidade, homoxénea en cor, que forma parte dunha imaxe dixital. Podémolos apreciar perfectamente cando aumentamos co zoom a imaxe na pantalla do ordenador. Teñen forma cadrada ou rectangular.

 
 Que tal vexetal? Actividade dos alumnos de Ed. Infantil '12

Os megapíxeles son o resultado de multiplicar os píxeles que ten a imaxe de largo, polos que ten de alto.

A resolución virá dada polo número de píxeles que conforman a imaxe. Unha imaxe con máis píxeles non ten máis calidade (xa que a vai dar a lente), ten maior tamaño: permitirá ampliacións máis grandes.

Ás veces confundimos isto último porque cando temos unha imaxe con pouca resolución e a queremos aumentar máis do que se podería, comezamos a vela con moitas imperfeccións. Nese proceso de aumentar tamaño, o programa informático ten que "inventar" uns píxeles que non existen.

 

"Un exemplo:

Os televisores full HD teñen de resolución 1920 x 1080 píxeles, é dicir: 2 megapíxeles (multiplica, multiplica...). Que pasa se eu reproduzo contido cunha resolución de 1280 x 720 píxeles (HD)? Pois que non lle estou aportando á pantalla a cantidade de información que é capaz de amosar, logo non estou gozando da alta definición porque ten que escalar a imaxe.

Á inversa:

Subo á páxina web unha foto tal e como sae da miña cámara (4288 x 2848 px), pero en realidade deseñeina (a web) para que ocupe a superficie de 700 x 465 px. Todos eses píxeles de diferenza fan que o arquivo pese máis do que pesaría se optimizaramos a imaxe e a baixaramos a 700 x 465 de resolución.

Cada foto que poña en .jpg, con toda a resolución, ocupará 4,5 MB (aprox.). Se lle baixo a resolución, 250 KB.

E non se xustifica só por aforrar espazo no servidor, senón porque a descarga da páxina web será moitísimo máis rápida."

 

Como configurar logo na cámara o tamaño de arquivo e a calidade?

O meu consello é: sempre á máxima resolución e coa máxima calidade de compresión, porque para baixar calidade e resolución sempre estamos a tempo, pero unha vez a recollemos á baixa, despois non se pode recuperar a máxima calidade.

"Que non nos collen tantas fotos na tarxeta...? Certo, pero soluciónase facéndonos con outra."

Ao mellor pensamos que esas fotos son só para a Web, montar algún vídeo, etc., pero despois está a revista escolar, a impresión de carteis, a necesidade de recortar... que precisarán máis resolución. 

 

Cantos píxeles por polgada precisaríamos en función da saída que lle imos dar?

- Imprenta offset: 300 ppp
- Laboratorio dixital: 254 ppp
- Impresora doméstica: 150 ppp (varían moito)
- Presentacións pantalla e Web: 72 ppp

Conclusión práctica: para a mesma imaxe en cm2 (por exem¬plo:20x15), precisaremos ter 300 píxeles por cada polgada se a imos levar a unha imprenta, pero si a imos publicar nunha Web bastaranos con 72 ppp. O monitor non reproduce máis.

Con mesmo tamaño en cm., a imaxe que teña máis ppp "pesará" máis, ocupará máis MB de memoria. Debemos optimizar a imaxe para que ocupe o menos posible na má-xima calidade que precisamos. Faremos que a Web se descargue me¬llor, que o programa de "maquetación" sexa máis estable...

(Se xa precisas saber como facelo, salta ao apartado D "Formatos de arquivo")