I- Concepto de Fotografía
"Fotografar é gravar a luz que pasa a través dunha lente ao corpo escuro da cámara."
Co paso do tempo o soporte no que se grava a luz vai cambiando: vidro, papel, plástico...
Na actualidade un sensor electrónico fotosensible "recolle" esa luz e a converte en datos que se gravan nunha memoria.
A pesar desa variedade de soportes os principais conceptos que interveñen na fotografía non cambian e como moito se inclúen algúns novos derivados da inclusión da tecnoloxía dixital.
O mellor xeito de aprender a facer fotos non vai ser só facelas, senón observar e analizar as imaxes de outros. É dicir, ver moita fotografía, para tentar de "educar o noso ollo" e interiorizar as regras básicas de composición que farán que as nosas imaxes sexan máis atractivas, que capten mellor a atención, que amosen coa maior calidade, creatividade e orixinalidade posible as experiencias educativas que acontecen nas nosas escolas.
Fotograma de "A Vella Lulula", curta de animación realizada no CEIP "A Lama" para o concurso
"Nós tamén creamos" organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística