B- Enfoque
"O concepto enfocar ven significar que o elemento a retratar se recolla con nitidez na nosa fotografía."
No apartado anterior sobre composición, víamos que o primeiro que debe facer un fotógrafo é centrar o interese, e dicir, decidir cal é o elemento más importante.
Como norma xeral (unha vez que as dominemos, comezaremos a rompelas), ese centro de interese debe saír nítido. Isto conseguirémolo axustando as lentes do obxectivo para establecer o enfoque a unha distancia determinada.
Ao longo do tempo os sistemas das cámaras foron cambiando, pasando dos sistemas manuais aos actuais automáticos.
Para conseguir que nas nosas instantáneas salga enfocado o que nós queremos é IMPRESCINCIBLE que coñezamos o sistema ou sistemas de enfoque da cámara que esteamos a empregar. (SÍNTOO, SI. HAI QUE LER O MANUAL)
Analicemos logo os sistemas de enfoque, a súa mecánica e as posibilidades máis comúns.
ENFOQUE AUTOMÁTICO
Premendo o disparador ate a metade é como se acciona. A cámara debe ter un sinal para dicir que está enfocado. Consultar ma¬nual xa que varía moito en función dos modelos (unha luz verde, uns cadros na pantalla indicando o que está enfocado, un pitido...)
É MOI IMPORTANTE SABER QUE SISTEMA DE ENFOQUE TEMOS SELECCIONADO, PORQUE SE NON COÑECEMOS BEN A MECÁNICA, MALAMENTE CONSEGUIREMOS QUE SALGA ENFOCADO O QUE NÓS QUEREMOS.
As cámaras poden ter un ou varios sistemas de enfoque. Os analizamos:
a) Enfoque simple: enfocaríase aquilo que estivese nese punto xusto do encadre (e todo o que estea á mesma distancia, por suposto). Cando prememos o disparador ate a metade a cámara tentaría enfocar, e cando o conseguise aparecería o aviso de que está enfocado.
As cámaras que teñen este sistema poden ofrecer a posibilidade de situar ese punto simple de enfoque en distintos lugares do encadre; que o despracemos ao noso entender.
Procedemento: seleccionar o elemento a enfocar e facer que coincida na zona de enfoque da nosa cámara | premer o disparador ate a metade para que a cámara o enfoque (notamos unha pequena resistencia) | manter o botón nesta posición mentres encadramos | disparar.
"Nesta primeira imaxe vemos en vermello a zona de enfoque. Unha vez conseguida a nitidez sostemos o disparador nesa posición. É dicir, bloqueamos o enfoque." |
|
Actividade Ibarrola na Escola. PDI "Os Bosques" '12 |
|
"Co enfoque bloqueado movemos a cámara para encadrar e disparamos." |
|
Deste xeito conseguimos enfocar e encadrar o que nós queremos. Nesta imaxe o enfoque está feito nos ollos (como debe ser cando se fai un retrato), pero o protagonista está descentrado aportándolle máis interese á imaxe.
Compre dominar a técnica do enfoque, e o funcionamento dos sistemas que empregue a nosa cámara. As seguintes imaxes da curta de animación "A Vella Lulula" ilustran o concepto de centrar o interese do que levamos falando dende o comezo.
"Na curta, neste momento está falando o can, por iso é a personaxe enfocada." |
|
Fotogramas de "A Vella Lulula" '12 |
|
"Acto seguido contesta a protagonista, que é a que centra o noso interese, por iso cambiamos o enfoque." |
|
(Unha vez dominado o enfoque, deberemos pasar a estudar a profundidade de campo, e así completaremos a información que precisamos para dominar a técnica do enfoque selectivo)
Outros sistemas de enfoque:
b) Prioridade ao máis próximo: ao premer o disparador ate a metade, a cámara enfocará automaticamente o que estea máis próximo dentro do encadre. (Problema! Xa non estamos escollendo nós)
c) Enfoque por zonas: escolleríamos unha zona do encadre e logo a cámara enfocaría ao elemento máis próximo.
d) Enfoque continuo: o sistema de enfoque non se apaga ata que disparamos. Útil se queremos facer un seguimento de algo que se move.
IMPORTANTE!
1. Como o sistema funciona por contraste, axudámoslle se escollemos bordes, liñas, texturas... que estean á mesma distancia que o elemento a enfocar.
2. Se non tiveramos luz suficiente, moitas cámaras activarán un sistema de iluminación de asistencia ao enfoque.
3. Debemos saber que algúns dos modos de enfoque non funcionan segundo que modo de exposición teñamos escollido.
4. Podo enfocar, manter bloqueado o enfoque, encadrar e disparar.
ENFOQUE MANUAL
No obxectivo, nalgunhas cámaras, podemos axustar ese enfoque manualmente (en condicións de pouca luz a cá¬mara pode non enfocar ben). Ate a aparición dos sistemas autofocus, era a única posibilidade.
Xirando o mecanismo disposto na lente conseguiremos situar o enfoque a unha distancia determinada. Farémolo mirando polo visor ate que apreciemos a nitidez no elemento desexado. Algúns obxectivos traen unha escala de distancias.
Este sistema manual no o atoparemos nas cámaras compactas máis automáticas.
"Sempre que teñamos condicións de luz e contraste que o permitan, debemos empregar o sistema automático, porque será máis preciso que o noso ollo."