EDILIM

O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen.

Coma vantaxes podemos destacar:

Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
Accesibilidade inmediata en internet.
Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.