Realización de tarefas de mantemento básico

Icona de iDevice Reflexión

O presente curso está pensado para que dinamizadores TIC nos centros educativos galegos desenvolvan determinadas capacidades que permitan que o equipamento do centro se atope en estado de uso, sen erros, sen virus, e co software necesario. Pero ollo! non imos pretender converter ao dinamizador TIC nun técnico de soporte informático, senón na figura mediadora entre a tecnoloxía e os compañeiros docentes.

Existe un gran debate sobre cales deben ser as funcións dos coordinadores TIC, en todo caso podemos agrupalas en dous grandes conxuntos:

  • Ser a persoa coñecedora ou responsable de que os equipos estean en bo estado de uso
  • Dinamizar entre o profesorado prácticas TIC innovadoras que contribúan a un mellora do deseño metodolóxico, así como a unha integración eficaz das TIC nas aulas.

Estes dous elementos poden ser enfocados de moi diversas formas dende figura do dinamizador. O éxito na labor terá moito que ver na decisión inicial que vaiamos a tomar de cara ao enfoque dinamizador.

Por norma xeral, a maior parte do tempo dun dinamizador TIC invírtese en soporte técnico a equipamento, unha das posibles funcións contidas no primeiro conxunto de funcións que mencionabamos pero, como docentes, o segundo dos conxuntos de funcións parece a máis importante, non cabe dúbida. Polo tanto suponse que debe ser a que máis tempo debe ocuparnos nas nosas labores de dinamización. Así pois, partindo de esta base, probablemente nos quede moi pouco tempo para organizar a xestión técnica do equipamento do centro, sobre todo cando hoxe en día existen moitos e moi variados modelos e tipos de dispositivos.

Teriamos identificado logo un punto de conflito, a proporción do tempo que o dinamizador TIC ocupa en labores puramente de soporte técnico e a proporción do tempo de debía adicarlle. Así pois enfocaremos este contido máis que como unha guía de soporte técnico de equipamento, unha guía de boas prácticas para:

  1. Prever que o equipamento se corrompa con facilidade
  2. Facilitar que sexa o propio profesorado o que realiza determinadas funcións de soporte técnico

Ademais, trataremos algún contido técnico algo máis especializado.

Icona iDevice

Soporte técnico un docente?

Hoxe en día, no momento en que os terminais conectados a internet estanse a converter nunha ferramenta instrumental porque que favorecen o contacto co mundo, é preciso que cada un de nós desenvolva determinadas capacidades que favorezan a solución de problemas técnicos, xa sexa resolvéndoos ou identificando a orixe do problema para solicitar axuda.

Considerar que un docente non precisa de ningún tipo de coñecemento técnico é situarse nunha posición de dependencia que, antes ou despois, orixinará o abandono do uso das TIC por parte do propio docente.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License