Asesoramento a profesores

"Mellor que dar a alguén un peixe, é ensinarlle a pescar"

Existen diferentes estratexias que podemos adoptar no asesoramento a profesores en relación ao soporte técnico do equipamento

Asesoralos no uso de determinadas aplicacións sobre outras

Como xa comentamos, existen criterios técnicos que xustifican o uso de ferramentas software baseadas en software libre e que, na medida do posible sexan multiplataforma, pero é máis; outra característica potencial é a posibilidade de poder compartir as fontes dos traballos elaborados polos docentes. Sempre que exista un pacto nas ferramentas, as fontes (dependentes da propia ferramenta) poderán ser compartidas con garantía de que van a poder ser utilizadas.

Asesoralos no uso dos datos de usuario

É moi importante dar a importancia que teñen os datos que manexamos, non só aqueles que son sensibles por mor do noso traballo, senón os propios documentos de traballo xa que se non facemos un bo uso, existe un risco importante de que poidamos chegar a perdelos. Dúas son as xustificacións fundamentais para atribuír esta importancia aos datos.

  • Os datos teñen gran cantidade de tempo de traballo enriba, polo que moitas veces perder unha simple carpeta significa un perda considerable de tempo.
  • Independizar os datos de usuario dos datos do propio sistema permite a xestión independente do equipamento
    Se en algún momento é preciso a restauración de un equipo (o xeito máis rápido de volver a poñelo en funcionamento), que o usuario teña unha copia de seguranza permite que a recuperación sexa áxil.
  • Esta estratexia levada a equipamento onde o profesorado ten permisos de administración fai que se lle perda o medo a investigar sobre a propia tecnoloxía xa que só se pon en risco o SO do equipo que é facilmente recuperable.

Como podemos asegurar os datos de usuario?

  • TRES copias de seguridade en medios diferentes
  • Centralización de datos, na medida do posible.

Os expertos recomendan ter sempre tres copias dos datos en medios separados, así unha posibilidade é a seguinte:

  1. Ter un equipo de referencia onde iremos gardando todos os nosos datos, convén que sexa un equipo persoal.
  2. Ter copia de seguridade dos datos de ese equipo nun disco duro externo especificamente para realizar unha copia de seguridade periódica.
  3. Traballar con lápises de memoria libres de virus.

Que é iso de centralizar os datos?

  1. O xeito máis seguro de ter os datos seguros é dispoñer no centro de un sistema de almacenamento central ao que se accede por usuario e contrasinal a través de calquera equipo situado na rede do centro, de este xeito evitamos o uso masivo de lápises USB (grandes transmisores de virus). 
  2. É importante realizarlle copia de seguridade periódica a este disco polo que poida pasar.

Como se monta un sistema de almacenamento central en un centro?

Existen diversas formas de facer isto:

  1. Un equipo destinado especificamente como sistema de almacenamento. Recoméndase utilizar unha distro GNU/Linux e compartir as carpetas por SAMBA. De existir equipos na rede con Windows non está de máis a instalación de un antivirus que poida detectar posibles ameaza. Esta opción, para que se pode atopar diversa documentación na rede (SAMBA), precisa de motivación especial para a montaxe do servidor xa que, se non se teñen coñecementos previos en GNU/Linux, é preciso adquirilos.
  2. Outra xeito xa utilizado en moitos centros é mercar un disco duro de rede que, conectado a un Switch do centro, están específicamente deseñados para esta función. Existen no mercado caixas de discos duros que xa admiten a copia automática con posibilidade de conectalos á rede (buscar en Google: disco duro externo red raid)

Definición de estratexias de comunicación co profesorado

Como en tódalas tarefas de asesoramento que podemos realizar entre iguais nun centro educativo, é importante reflexionar sobre o tipo de comunicación que podemos establecer cos compañeiros para que a improvisación non remate dándonos algún que outro disgusto.

Un xeito do que xa falamos, é establecer algún tipo de sistema para que as solicitudes que faga o profesorado as realice por escrito para "forzalo" á reflexión sobre a necesidade que está a ter. Así pois un xeito posible é situando na sala de profesores un "libro de peticións" onde o docente describa brevemente cal é a súa petición.

Podemos establecer un lugar na páxina web do centro onde poidamos ir realizando determinadas recomendacións sobre o uso do equipamento, identificación de incidencias, etc.

Recomendación: Sempre que esteamos a traballar con compañeiros é moi importante non olvidarse das notas de humor, importante para invitar á xente a investigar e romper cousas (que é como se aprende).

Sesións de asesoramento periódicas ao profesorado interesado para tratar situacións básicas que poden ocorrer a miúdo

É importante que o equipo TIC ofreza sesións de asesoramento periódicas sobre diferentes necesidades que poida ter o profesorado. Os contidos dos itinerarios formativos TIC poden ser un moi bo punto de partida para organizar este tipo de sesións.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License