O Software nunha Aula TIC
O software
Sen dúbida dos grandes conxuntos nos que dividimos os elementos TIC este é o máis importante xa que é onde se nos esixirán a adquisición da gran maioría das destrezas tecnolóxicas a desenvolver.
Nas ferramentas software é onde, como docentes, imos poder desenvolver todo o potencial de comunicación que as redes poñen á nosa disposición. Ademáis, debemos identificalas como as ferramentas que van a precisar do noso maior esforzo á hora de comprendelas para poder así utilizalas. Deste xeito é fundamental prestar especial atención a este apartado.
O mundo tecnolóxico está absolutamente plagado de aplicacións (software) de moi diversos tipos, estas teñen obxectivos en si mesmas e non sempre son o que apartenmente parecen.
Para tentar construir un pensamento organizado sobre o seu uso imos tentar desgranar cales son as características principais das diferentes aplicacións. Para entendelo propoñemos a identificación de dous roles diferenciados:
- Os programadores de aplicacións: trátase de xente que crea/constrúe aplicacións con funcións determinadas. Esto realízase escribindo código en base a unha das múltiples linguaxes de programación existentes. Se agora podemos ler estes contidos é grazas a que alguén, ou mellor dito un conxunto de persoas, escribiron o código necesario que posibilita a creación da aplicación que estamos a utilizar para acceder a estes contidos.
- Os usuarios das aplicacións: trátase da xente que utiliza as aplicacións cos fins cos que foi pensada no seu proceso de desenvolvemento.
Se o exemplificamos coa suite ofimática LibreOffice, o programador sería o que creou o menú onde indicamos que un texto debe ter o formato negriña, mentres que o usuario da aplicación é aquel que utiliza o LibreOffice para facer un documento.
Tipos de software atendendo aos seus fins prácticos:
- Software de sistema: o obxectivo deste software é desvincular aos usuarios e programadores das aplicacións da propia máquina. Permitindo así que as producións destes sexan válidas independentemente do hardware utilizado.
- Software de programación: trátase do conxunto de ferramentas software utilizadas polos programadores para desenvolver as aplicacións de usuario.
- Software de aplicacións: é aquí, o elemento máis importante como docentes, as aplicacións de usuario final. Aquel que vai a utilizar a ferramenta para o desenvolvemento dunha tarefa concreta que este software lle permite realizar. Centraremos o resto do contido neste apartado.
Tipos de software de aplicación atendendo a o seu aloxamento
Cando falamos de aloxamento en termos informáticos estamos a referirnos ao lugar físico onde están almacenados os datos. No caso das aplicacións refírese aos datos asociados á mesma, o que ven chamándose a "instalación".
É importante ter en conta esta característica do software xa que representa un dos eixos máis importantes da evolución tecnolóxica. Gracias á mellora, paulatina pero constante, das velocidades de conexión, cada vez é máis sinxelo traballar con aplicacións aloxadas en remoto. Esta realidade, que na medida en que se vai xeralizando se ven a denominar "computación na nube" ten moitas vantaxes, pero tamén ten inconvintes sobre os que convén reflexionar.
Aplicacións en local
Son aquelas que é preciso instalar no equipo que estamos a utilizar para poder utilizalas. O proceso de instalación varía duns sistemas operativos a outros pero, en termos xeráis, debemos copiar o arquivo de instalación no noso equipo e logo proceder a instalalo.
Á hora de definir que aplicacións imos instalar no noso equipo a miúdo comezamos a reflexión analizando a funcionalidade de unha ou outra aplicación. En moitos dos casos compensa reflexionar antes sobre a necesidade humana que temos como docentes, para logo buscar a aplicación que mellor se adapte aos nosos obxectivos.
Dende este punto de vista podemos identificar grandes grupos de aplicacións:
- Internet: As aplicacións utilizadas para determinados servizos de internet. Resaltamos aquí o navegador web por ser a aplicación máis importante que podemos atopar instalada no noso equipo. Esta vainos a permitir acceder a tódolos servizos aloxados na web ou, o que é o mesmo, a aplicacións instaladas en remoto.
- Navegadores: Sempre convén ter máis de un instalado debido a posibles erros de programación que poidan atoparse en algúnhas aplicacións web. Ademáis como docentes en aplicacións multiusuario, permítenos ter dúas sesións abertas na mesma aplicación con diferente rol, por exemplo, cando estamos deseñando materiais en Moodle. O proxecto Abalar recomenda como navegador principal o Mozilla Firefox e como secundario o Chromium
- Cliente de correo: Aplicación que resulta de gran comodidade para o acceso simultáneo a diferentes contas de correo. Recomendamos nestes caso o Mozilla Thunderbird.
- Editor html: Para a edición/creación de pequenas páxinas web que poderemos aloxar nos servidores aos que temos acceso para que sexan consultadas polos nosos alumnos.
- Ofimática: A suite ofimática permítenos elaborar e modificar documentos de diversas naturezas. A suite por excelencia hoxe en día é LibreOffice que nos ofrece posibilidades para a elaboración e modificación de documentos (Writer), para o manexo de follas de cálculo (Calc), para a elaboración de presentacións (Impress), creación de diagramas e debuxos (Draw), para a xestión de bases de datos (Base) ou para a edición de ecuacións matemáticas (Math). Outro tipo de aplicacións que podemos incluír neste conxunto de aplicacións son os lectores de libros electrónicos (eBook). Unha posibilidade é Calibre.
- Ferramentas de Autor: Aínda que non é un conxunto de software xeral, en educación as ferramentas que podemos incluír aquí son de gran importancia xa que son as que nos permiten realizar aplicacións a modo de "recursos educativos dixitais" sen necesidade de coñecementos infomáticos. Resaltamos aquí como aplicacións de autor galegas e de éxito nacional Ardora e EdLim, e como ferramenta de autor baseada en software libre ExeLearning.
- Gráficos: Para a creación e edición de imaxes, iconos, maquetación. As máis coñecidas son o Gimp para o tratamento de fotografías, Scribus para o deseño gráfico,
- Multimedia: Ferramentas para o manexo de audio e video. Principalmente reproductores e editores.Tamén podemos instalar editores de partituras, gravadores de son, de video, do noso escritorio, etc.
Na medida en que nos especialicemos poderemos atopar outras ferramentas que poderán cubrir as nosas necesidades.
Aplicacións en remoto
Son aquelas que, instaladas en servidores remotos, os usuarios utilizamos a través da conexión de rede. As aplicacións en si non residen no propio equipo, pero cada vez máis representan unha parte moi importante no uso diario.
As aplicacións en remoto (cloudcomputing) teñen grandes vantaxes como poden ser:
- Reducen considerablemente a necesidade do soporte tecnolóxico sobre o hardware que utilizamos os usuarios xa que, ao dispoñer de menos aplicacións a probabilidade de erro é moi inferior. Por outro lado, ao centralizarse a "acción" en unha única máquina optimízanse moito máis os recursos necesarios para manter operativo o servizo.
- Favorecen a colaboración entre os usuarios ao realizarse a actividade en un único punto (servidor).
Son aplicacións web as apliacións incluídas no Proxecto Webs Dinámicas da Consellería que, aloxadas nos servidores corporativos en San Caetano, son utilizadas xa por case a totalidade dos centros educativos públicos.
A privacidade e o cloudcomputing
Actualmente existe un gran debate na rede en torno á privacidade dos datos de carácter persoal e privado almacenados nas aplicacións remotas. Sempre que esteamos a utilizar aplicacións de este tipo é importante reflexionar sobre o lugar onde están almacenados os datos cos que estamos a traballar. De este xeito existen posibilidades de traballo en remoto moi diversas, como por exemplo:
- A inclusión dun servidor na intranet na que nos atopamos: De este xeito teremos controlados os datos de igual xeito que se estiveran no noso disco duro, xa que estes están aloxados nun punto concreto do edificio no que nos atopamos.
- O uso de aplicións corporativas: A Consellería de Educación dispón dun Centro de Procesamento de Datos propio que aloxa tódalas aplicacións corporativas (Webs Dinámicas, Platega, Fprofe, Xade, etc...). Isto representa unha garantía xa que en ela se cumpren os requisitos indicados na LOPD e o uso que se fai de eles é o estrictamente educativo.
- O uso de aplicacións aloxadas en servidores de terceiros: Dropbox, Google, Blogger son aplicacións aolaxadas en servidores alleos. Neste tipo de aplicacións é moi importante valorar os datos subidos ás mesmas xa que en moitos casos poderemos estar infrinxindo diversas leis. O uso destes servizos debe realizarse con coñecemento do que se denominan os "Termos de uso" e que se aceptan no momento da creación da conta de servizo.
Tipos de software atendendo á súa licenza
Os programas de ordenador son obxecto de protección da Ley de Propiedade Intelectual [1], e como tales no momento en que son creados adquiren dereitos de autor. Segundo di a ley, están reservados tódolos dereitos sobre o programa aos seus propietarios. O uso que poidamos facer do software sempre estará condicionado por un tipo de licenza determinado.
As licenzas de software son condicións contractuais que condicionan o uso do software, dende este punto de vista existen dous grandes grupos de licenzas, as de tipo privativo e as as licenzas libres.
As licenzas privativas de software
As licenzas son autorizacións de uso que os propietarios de software redactan. Dependendo das decisións adoptadas polos propietarios podemos atoparnos con diferentes tipos. Principalmente estamos a falar de:
- Licenzas privativas de pago: Neste tipo de licenzas é necesario pagar unha cantidade de diñeiro para poder ter acceso ao programa. Mercando a licenza accedemos ao seu uso durante un tempo determinado pero, por norma xeral, non poderiamos modificar o programa para adaptalo ás nosas necesidades.
Teñen este tipo de licenza: Os sistemas operativos © Microsoft Windows e © MacOS, así como a suite ofimática © Microsoft Office, ou o editor de imaxes © Adobe Photoshop. - Licenzas privativas ligadas a hardware: En outros caso, cando mercamos un hardware concreto este ven con un software asociado. Nestes casos o uso deste software está condicionado pola compra do aparato en concreto.
Teñen este tipo de licenza: O software do encerado dixital interactivo © Smart, ou as licenzas OEM © Microsoft Windows [2] - Licenzas privativas gratuitas: Dependendo da liña de negocio da empresa propietaria do software é posible que poidamos utilizar aplicacións sometidas a licenzas privativas de xeito gratuíto. Nestes casos convén reflexionar sobre cal é o beneficio que o propietario saca de esa relación xa que, por norma xeral, as empresas non regalan nada.
A gran maioría das veces que utilizamos software en internet estamos a utilizar este tipo de licenzas. Por norma xeral o beneficio que os propietarios obteñen do uso que os usuarios resalizamos destas aplicacións basease na publicidade de outros productos que integran na mesma aplicación (Watsapp), como efecto reclamo de outros productos da mesma empresa (Adobe), ou realizando usos determinados dos datos que obteñen do uso que nós facemos das mesmas (Google).
Teñen este tipo de licenza: © Watsapp integrando publicidade no interface de mensaxería, © Adobe Reader converténdose case nun estándar de lector de PDFs, ou © Google sobre o que existe un gran debate na rede sobre a integridade da nosa privacidade no uso deste xigante de internet.
As licenzas libres de software
As licenzas libres do software son aquelas permiten o uso, copia, estudo, modificación e redistribución do programa unha vez que é obtido polo usuario. É incorrecto asociar software libre con software gratuíto, e aínda que o software libre ofrece outras grandes potencialidades nos tempos de crise que corren é unha das principais razóns polas os usuarios se deciden polo seu uso. En todo caso o software libre é un referente tecnolóxico xa que é o primeiro proxecto procomún a gran escala, que aproveita todo o potencial que ten a rede para sacar o maior proveito da colaboración entre as persoas.
O software libre ten grandes vantaxes con respecto ao software privativo:
- Está pensado dende necesidades humanas, elemento que sempre imos a detectar na súa morfoloxía.
- A evolución do software, ao igual que as habilidades que os usuarios adquirimos para o seu manexo, está garantida pola necesidade social de que exista. Sempre que exista a necesidade a comunidade contribuirá a manter os diferentes proxectos funcionando.
- Ao compartir producións elaboradas con software libre non estamos transmitindo necesidades de merca dunha licenza comercial ou, de non poder ser, incitar á piratería. No caso de utilizar software libre basta con que os nosos alumnos descarguen o programa e procedan á súa instalación.
Existen diversos tipos de licenzas de software libre entre as que cabe destacar as licenzas copyleft (GPL e outras) que garanten a cadea de colaboración. É condición para os autores que as obras derivadas manteñan esa mesma licenza.
Sempre que exista alternativa convén utilizar aplicacións software libre. Non só por cuestións éticas, senón tamén por cuestións de tipo práctico.
Teñen este tipo de licenza: GNU/Linux, Mozilla Firefox, Chromium, Mozilla Thundertird, Gimp, VLC, Audacity, OpenShot, ExeLearning, InkScape, Scribus, LibreOffice, entre outras.
[1] http://civil.udg.es/normacivil/estatal/reals/lpi.html
[2] http://www.microsoft.com/latam/socios/oem/licenciamiento/faq.aspx
Imaxes recollida de: http://openclipart.org
Multiplataforma: que é?
Multiplataforma é a característica de aqueles programas informáticos de aplicación que poden funcionar en diferentes sistemas operativos, principalmente nos máis comúns: GNU/Linux, MacOS e Microsoft Windows.
Que como usuarios optemos por un software multiplataforma permite que poidamos compatir producións e habilidades xa que:
- O aprendido no software corrido sobre Windows é perfectamente válido se o programa corre sobre GNU/Linux
- Os arquivos que se exportan ou gardan na aplicación poden ser utilizados na mesma aplicación, aínda que esta corra en outro sistema operativo diferente.
Combinar como criterio para a selección dunha ferramenta tecnolóxica que sexa multiplataforma e que sexa software libre ofrece garantías e potencialidades extra, sobre as que non o son.
Para saber máis...
Podcast organizado por educ@conTIC sobre "Tendencias de las tecnologías educativas en 2012"
|
Desde las herramientas o servicios que tendrán un papel más relevante en la educación hasta las tecnologías con mayor penetración a nivel social que deben estar presentes en el aula, pasando por iniciativas gubernamentales para promover el uso de las TIC por los docentes o el papel del software libre en el mundo educativo durante este año que acabamos de empezar. Para hablar de todo esto hemos invitado a cuatro profesionales del sector educativo y les hemos planteado una serie de cuestiones que nos permitirán reflexionar sobre el papel de las tecnologías en el aula: Ainhoa Ezeiza, Álvaro Gregori, Juan Diego Pérez y Mar Camacho. |
Contido sobre aplicacións para o uso na aula incluído no curso "Redes en centros educativos" organizado polo INTEF e accesible dende a súa páxina de materiais formativos online.
|
A continuación pasaremos a instalar en el equipo diversas aplicaciones de productividad. Trataremos de que estas aplicaciones tengan licencia de software libre. Software libre (en inglés free software) es la denominación del software que brinda libertad a los usuarios sobre su producto adquirido y por tanto, una vez obtenido, puede ser usado, copiado, estudiado, modificado y redistribuido libremente.
|