Infraestruturas, hardware e software

armario datosCando falamos de elementos dunha Aula TIC estamos a falar de todos aqueles recursos que temos a disposición nas aulas e que pertencen á "T" de Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Para categorizar de algún xeito estes elementos e posibilitar así unha mellor comprensión das súas características, usos e identificación de potencialidades, imos realizar unha pequena clasificación dos mesmos e, en base a eles, estructurar os contidos deste apartado.

Falaremos de "Infraestruturas", "Hardware" e "Software", e tentaremos introducir aqueles elementos TIC en algunha de estas tres categorías:

  • Infraestruturas: Fai relación a aqueles elementos tecnolóxicos utilizados na aula e que forman parte da estructura da mesma. As máis importantes son as infraestruturas eléctricas e as pertencentes ás redes de datos.
  • Hardware: Incluímos aquí todos os elementos tanxibles do sistema informático. Tanto os que pertencen ao propio computador, como os elementos periféricos que tamén pertencerían á categoría "hardware". Así, o proxector considerámolo hardware, ao igual que o é o propio disco duro dun ordenador.
  • Software: A diferencia do hardware, trátase de elementos intanxibles dos sistemas informáticos. Como veremos, a carga máis importante deste núcleo de contidos recae nos elementos software e, concretamente, nas aplicacións de usuario, que son aquelas que os usuarios finais dominan para a consecución dos seus propios obxectivos.
proxector
hard disk
software

Imaxes recollidas de http://openclipart.org

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License