Infraestruturas dunha aula TIC

Infraestruturas eléctricas:

electricCompostas principalmente pola propia instalación eléctrica é importante ter en conta as necesidades que presenta a nosa aula xa que, de cara a protexer correctamente o equipamento, é preciso que estas infraestruturas estean en condicións óptimas para que as variacións de tensión non estropeen os equipos informáticos.

A Consellería de Educación ten unhas especificacións técnicas para as infraestruturas eléctricas específicas para o que se denomina "infraestrutura de datos" e, tanto os centros educativos que se constrúen de novo, como aquelas adaptacións feitas a postiriori en coordinación coa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) deben contar con:

  • Separación eléctrica da rede de datos da do resto do centro
  • Diferenciais superinmunizados
  • Un dimensionado específico de térmicos no cuadro eléctrico

Se precisades asesoramento sobrea adaptación eléctrica para as infraestruturas técnicas podedes poñervos en contacto co voso Asesor Siega/Abalar de Zona.

Infraestruturas de rede:

rj45As infraestruturas de rede son aquelas instalacións físicas que permiten que a conexión a internet chegue ás aulas. Esta infraestrutura está composta por:

  • Unha acometida de datos: O Router, a través do cal todas as conexións do centro educativo se comunican con internet. Este aparato está xestionado directamente polo Centro de Xestión de Rede da Xunta de Galicia que é o responsable da Rede Corporativa de Datos. Calquera incidencia relativa ao mesmo debemos dirixila á UAC (uac@edu.xunta.es)
  • Un armario de datos principal: Contén o router, conmutadores de rede, e aqueles elementos necesarios para a correcta conexión do centro.
  • Comnutadores (switchs): Son uns aparellos que permiten a conexión a un único punto de diferentes dispositivos de rede (PCs, portátiles, puntos de acceso, impresoras...). Comparándoos coa rede viaria virían as ser as rotondas, onde os datos teñen que pasar para continuar o seu destino.
  • Outros:
    • Inxectores POE para o subministro eléctrico de puntos de acceso
    • Centraliñas telefónicas
    • SAIs [1]

 

[1]  http://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_alimentaci%C3%B3n_ininterrumpida


Imaxes recollidas de http://openclipart.org
Icona iDevice

Para Saber Máis...

http://www.iconfinder.com/icondetails/46773/128/add_more_iconTendes moita información sobre infraestruturas na Aula Virtual Aberta Abalar: www.edu.xunta.es/centros/abalar

Concretamente podemos botarlle un ollo a:

 

Imaxe: http://www.iconfinder.com/icondetails/46773/128/add_more_icon


Icona de iDevice Reflexión

reflexionandoCoñecer a nivel xeral as infraestruturas implicadas na nosa aula tic pode axudarnos a identificar correctamente as incidencias, posibilitando así un informe de escalado máis preciso que axilice a súa resolución. En moitas ocasións podemos ser nós mesmos os que resolvamos a incidencia sen necesidade de solicitar axuda.

Imaxe de http://openclipart.org

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License