Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula TIC
A sociedade actual está a mudar. O xeito a través do cal nos relacionamos, accedemos á información ou realizamos xestións diarias está cada vez mediado pola tecnoloxía. E a educación, como medio de transformación social por excelencia, está hoxe no punto de mira, no que respecta á adaptación destes cambios.
Como "expertos culturais" cada vez son máis as esixencias ás que debemos respostar o persoal docente. Unhas serán máis complexas de entender e outras máis simples, pero todas terán algo en común:
- A tecnoloxía estará presente como un medio para a consecución dos obxectivos propostos.
- Estes obxectivos deberán ter en conta a posibilidade comunicativa, indepente do espazo e do tempo.
Como eran? como son? e como deben ser as aulas actuais? son preguntas ás que estamos obrigados a respostar hoxe, mañá e o resto da nosa vida profesional.
Neste módulo do curso veremos, dende unha perspectiva principalmente técnica, como muda a configuración das aulas. Prestaremos especial atención ao potencial educativo de cada un dos elementos e ao esforzo que nos vai a supoñer adaptarnos aos cambios para tentar obter o maior beneficio posible, en termos educativos, do uso destes elementos TIC.
|