3.-Software educativo

Ao inicio desta sesión definimos o contido educativo dixital e agora sería preciso facer o mesmo con software educativo

Segundo a fonte que se escolla para a  definición deste último termo, poder parecer que ambas as dúas expresións son sinónimas, que os contidos dixitais son unha parte dentro do software educativo ou que son cousas diferentes. 

Outros autores incluso limitan a definición de software educativo a aquel software deseñado únicamente para a contorna educativa, excluíndo específicamente aqueloutro software xeral, como pode ser un procesador de textos ou un editor de imaxes, que se utilizan nas escolas con fins didácticos e instrumentais, pero que non foron deseñados para elo únicamente.

Para o fin que nos ocupa será máis operativo tomar como idea inicial que o software educativo é todo aquel destinado ao ensino e ao aprendizaxe autónomo e que, ademáis, permite o desenvolvemento de certas habilidades cognitivas.

 

 

 

 

 

Fonte: http://es.wikipedia.org/wiki/Software_educativo