3.2- Avaliación

Xa sabemos que non todo vale; o feito de utilizar un medio actual e actualizado non implica que calquera tipo de software educativo responda ás nosas expectativas e obxectivos.

O proceso de avaliación do software é, ao mesmo tempo, un proceso de selección, no que debemos atender a diversos criterios que recollan ás características dun bó software educativo.

Os aspectos máis importantes a ter en conta para avaliar e seleccionar software educativo son:

o        Aspectos técnicos.

o        Aspectos psicopedagóxicos.

o        Aspectos comunicacionais.

o        Aspectos administrativos.

    •  

Os aspectos técnicos refírense á facilidade de uso: instalación/desinstalación, navegación, presentación das actividades, necesidade de periféricos, calidade dos recursos visuais e auditivos, etc.

Os aspectos psicopedagóxicos incluirán o modelo de aprendizaxe que propón o software (conductista, constructivista, aprendizaxe significativa), a pertinencia dos obxectivos, as estratexias e o modelo de avaliación (si aparece e que procesos utiliza). É interesante que está acompañado dunha Guía do profesor.

Os aspectos comunicacionais recollerán que mensaxe educativa transmiten as imaxes, o son, o tipo de actividades, a súa adecuación ao perfil dos usuarios aos que vai destinado, así como o grao de interacción que propicia entre usuarios ou co profesor.

Por último, os aspectos administrativos refírense á facilidade de acceso ao producto en relación ao custe económico e de equipamento ou da importancia que a institución educativa lle dá ao acceso e uso dese software.

Na rede podemos atopar diferentes modelos de ficha para a avaliación de software educativo que recollen os aspectos comentados, con algunhas diferencias. Deixamos, neste módulo, tres ligazón con tres modelos diferentes. Son unha boa fonte de información para poder construir a nosa propia ficha.

 

1.- Ficha de catalogación y evaluación multimedia. D. Pere Màrques:

http://peremarques.pangea.org/evalua.htm

2.- Ficha de valoración del software educativo. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias: http://www.riate.org/index.php?option=com_remository&Itemid=33&func=startdown&id=68&lang=es

3.- Cuestionario de análisis del software educativo. Centro de profesores y Recursos de Albacete: http://es.scribd.com/doc/54536078/Evaluacion-Soft-Edu